GOLEADA DO CF MAZARICOS FEMININO SOBRE O AD NICRANIENSE, (0-3), NO DEBÚT NA 1ª XORNADA DA “COPA DE FÚTBOL 7/SANTIAGO”.

COPA DE FÚTBOL 7/SANTIAGO

1ª XORNADA

Plantilla do CF Mazaricos 2021/22.

 

AD Nicraniense 0-3 CF Mazaricos

Gran encontro das mazariquenses na sua volta ao fútbol oficial, no Campo de Cepelo, (Negreira), no que debutaban goleando. Nunha gran primeira metade, adiantábanse por medio de Graciela aos 17 minutos de xogo, e dez minutos despois, Tamara Ramos facía o segundo. Resultado co que se ía a vestiarios. Xa na segunda metade Graciela repetía ao pouco de saltar o campo, (47´), para pechar un encontro que xa non tivo máis historia, fútbol control e evitar que as nicranienses se metesen no encontro. Decir en favor das de Negreira que se presentaban coas 7 xogadoras xusrtas, o que co resultado tan favorable fixo que as mazariquenses non pasasen apuros co paso dos minutos.

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”.

-Texto : piratasdemuxia