Gaña de maneira aplastante cun 79´41% dos votos o troco da denominación do RC Deportivo o galego.

O deportivismo fala claro: o Dépor dá un paso histórico cara á súa identidade galega

O 23 de xuño de 2026 quedará sinalado na historia do Real Club Deportivo. Nunha xornada de gran relevancia para a entidade branquiazul, os socios e abonados respaldaron de maneira contundente a adaptación do nome oficial do club á toponimia galega, facendo que a denominación pase a ser Real Club Deportivo da Coruña.

A decisión chega precisamente cando o noso clube se atopa ás portas de celebrar os seus 120 anos de historia, engadindo así unha nova páxina a unha traxectoria centenaria marcada pola identificación do club coa cidade, coa súa afección e co país.

A participación na consulta foi moi elevada, co 55´96% do censo con dereito a voto, e o resultado non deixou lugar a dúbidas un 79´41% optou pola adaptación ao galego. Cáseque 8 de cada dez votantes apostaron por galeguizar a denominación da entidade, nun exercicio de democracia interna que evidencia o sentir maioritario do deportivismo.

Pasará a ser tan pronto se faga realidade na Asemblea Xeral de xullo en Real Club Deportivo de A Coruña en castelaán e Real Club Deportivo da Coruña, en galego. O troco supón tamén unha actualización da realidade lingüística e institucional da cidade, cuxo único topónimo oficial é A Coruña desde hai décadas. Deste xeito, o club emparella a súa denominación coa normativa vixente e coa identidade cultural do territorio ao que representa.

A historia do Deportivo estivo marcada por diferentes denominacións ao longo dos seus primeiros anos de vida. A entidade naceu vinculada á Sala Calvet no 1906 e foi en setembro de 1911 cando adoptou oficialmente o nome de Real Club Deportivo de La Coruña, poucos anos despois de recibir o título de “Real” concedido por Afonso XIII, primeiro a Sala Calvet e logo o clube. Máis dun século despois, o club abre unha nova etapa mantendo intacta a súa esencia, pero incorporando unha forma que conecta de maneira máis directa coa lingua propia de Galicia.

A decisión será recibida con satisfacción por numerosos sectores do deportivismo, que levaban anos defendendo este paso. Entre eles nós mesmos, a Peña Deportivista Os Piratas de Muxía, que participamos activamente en varias campañas de apoio á denominación en galego, entendendo que o cambio reforza os vínculos do club coa nosa terra e coa nosa cultura.

A entidade encabezada por Juan Carlos Escotet deu a coñecer hoxe martes aos seus accionistas tanto os resultados obtidos, coma os niveis de participación durante a Xunta Extraordinaria de Accionistas, celebrada ás 09:00 horas no Estadio de Riazor.

O Deportivo seguirá sendo o mesmo símbolo que emocionou xeracións enteiras de afeccionados. O que cambia é a forma de escribilo. E desde agora, para moitos deportivistas, o nome do club estará aínda máis preto do sentimento que representa, un sentimento de pertenza, de familair, amigo, compañeiro…

-Foto : Montaxe

-Texto :e texto : Xosé Búa “Pirata”