GALICIA XA COÑECE AOS SEUS RIVAIS DA “COPA DAS REXIÓNS UEFA” : CASTELA A MANCHA E CEUTA

 

Foto dun amigable da Selección de Afeccionados contra o Ribadumia.

A Selección Galega de Afeccionados que desde esta tempada dirixe Iván Cancela xa coñece aos seus rivais para a primeira fase. Ademais, Galicia xogará como anfitrioa os días 6, 7 e 8 de decembro

Nesta primeira fase do campionato o primeiro clasificado de cada un dos seis grupos asinará o pase á seguinte rolda, unha fase intermedia (eliminatorias a ida e volta) da que quedan exentas dúas selección

En Galicia, xogando como anfitrioa, e encadrada dentro do Grupo F xunto con Castela A Mancha e Ceuta. A maxia da Copa das Rexións UEFA que organiza a Real Federación Española de Fútbol regresa esta tempada e cuxas datas e emparellamentos xa son oficiais despois do sorteo que tivo lugar nas últimas horas en Las Rozas. A nosa selección, dirixida desde esta campaña por Iván Cancela, xa coñece o camiño que ha de percorrer se quere certificar o billete para a seguinte fase.

Grupo A (Sede: Estremadura)

1. Aragón
2. Estremadura
3. Murcia
4. Cataluña

Grupo B (Sede: Andalucía)

1. Valencia
2. Andalucía
3. Asturias

Grupo C (Sede: Madrid)

1. Canarias
2. Madrid
3. Vasca

Grupo D (Sede: Baleares)

1. Navarra
2. Baleares
3. Cantabria

Grupo E (Sede: A Rioxa)

1. Melilla
2. A Rioxa
3. Castilla e León

Grupo F (Sede: Galicia)

1. Castela A Mancha
2. Galicia
3. Ceuta

Os gañadores dos grupos A e B avanzarán directamente á fase final, mentres que os campións do resto dos grupos disputarán unha fase intermedia o 12 de febreiro de 2020 a eliminatoria única e na Cidade do Fútbol de Las Rozas con dúas prazas dispoñibles para a fase final do mes de abril do ano próximo.

Nesta fase intermedia, na que participarán por tanto catro equipos, os cruces serán os seguintes:

  • O primeiro clasificado do Grupo C medirase co primeiro clasificado do Grupo F

  • O campión do Grupo E verase as caras co campión do Grupo D

  • Os vencedores de ambas as eliminatorias e as dúas seleccións exentas disputarán a Fase Final a 4 que terá lugar entre o 10 e o 12 de abril do ano próximo

O técnico de Galicia xa toma boa nota desde o inicio da tempada dos partidos de Terceira División coa súa presenza nos diferentes campos da nosa comunidade, posto que nunhas semanas terá que anunciar a convocatoria de futbolistas que disputen esta primeira fase en terras galegas.

Cómpre salientar que o campo que acolla esta primeira fase aínda está por determinar.

Desde 1999

En 1999 comezou a disputarse a Copa das Rexións da UEFA, unha competición na que toman parte os campións rexionais de cada unha das federacións nacionais da UEFA. É por isto, que desde 1998 dispútase este torneo que outorga unha praza para a devandita competición. As seleccións están formadas por xogadores de 18 a 35 anos que nunca asinasen un contrato profesional. Dispútase bienalmente e na fase nacional entran en xogo un total de 19 seleccións.

Campións nacionais en 2010

Madrid conquistou as de 1998 e 2000, Asturias a de 2002, País Vasco as de 2004 e 2006, Castela León en 2008 e Galicia en 2010. Cataluña levouse as dúas últimas, as de 2012 e 2014. A terceira e cuarta edición tiveron os mesmos finalistas, Asturias e País Vasco, vencendo por penaltis os asturianos na terceira, e os vascos na cuarta, quen posteriormente se proclamarían campións de Europa. Precisamente, o País Vasco volveu gañar a quinta edición, tras desempate por penaltis, de idéntico modo que venceu Castela e León.

O seguinte campión do torneo foi Galicia, que fixo valer o factor campo para derrotar á selección andaluza na final do ano 2010.

-Autor do artigo : César Méndez, (RFGF)

Foto : RFGF.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es