“GALA DO FÚTBOL GALEGO” E “GALICIA EN GOLES”

-GALA DO FÚTBOL GALEGO-

Enorme sempre a asistencia a gala como vemos na do 2018.

(Foto : RFGF)

 

-A GRAN “GALA DO FÚTBOL GALEGO”  e “GALICIA EN GOLES”
21 DE XUÑO NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA-
 

A Real Federación Galega de Fútbol poñerá o broche de ouro ao curso coa celebración da súa gala anual, unha cita na que tamén se entregarán os premios “Galicia en Goles” da Radio Galega. Segundo nos informan do ente federativo : “Este evento global premia a todos os clubs destacados de Galicia e recoñece o traballo de toda esa xente que desde a sombra, e en ocasións desde o máis puro anonimato, achegou o seu gran de area para engrandecer o fútbol da nosa terra”. Nesta mesma gala un ano máis entregaranse os premios “Galicia en Goles” do programa deportivo da Radio Galega…Preme en “Ler a nova completa”…para ver toda a información.

Foto dos premios e os asistentes da pasada edición da RFGF.
 
 
A “Festa do Fútbol Galego” xa ten sitio, data e hora para a súa celebración. A emblemática Cidade da Cultura de Galicia, no monte Gaiás de Santiago de Compostela, é o lugar elixido pola Real Federación Galega de Fútbol para poñer o broche de ouro á tempada 2018/2019 coa celebración da súa gana anual, unha cita na que, como vén sendo habitual, tamén se entregarán os “Premios Galicia en Goles” da Radio Galega.
 
Este evento global que premia a todos os clubs destacados de Galicia e recoñece o traballo de toda esa xente que desde a sombra, e en ocasións desde o máis puro anonimato, achegou o seu gran de area para engrandecer o fútbol da nosa terra, terá lugar o vindeiro venres 21 de xuño ás 20 horas no salón de eventos do Centro de Innovación Cultural da Cidade de Cultura de Galicia.
 
Cabe apuntar que a Real Federación Galega de Fútbol, por iniciativa propia, propuxo á Asociación de Clubs Galegos de Fútbol volver axuntar forzas e repetir o formato de espectáculo que levou a cabo no 2018, pero finalmente a entidade que preside Rafael Louzán poñerá en marcha a súa propia gala como vén sendo tradición durante os últimos anos.
 
Historia do fútbol galego
 
O Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura de Galicia será o espazo que albergue a gran “Gala do Fútbol Galego” o vindeiro venres 21 de xuño. Cunha superficie de 7.500 metros cadrados, o edificio consta de sete plantas que albergan oficinas, unha cafetería para o persoal, dúas salas polivalentes e un salón de usos múltiples duns 500 metros cadrados para a realización de eventos
 
A Cidade da Cultura de Galicia foi o lugar elixido pola Real Federación Galega de Fútbol para a celebración da “Festa do fútbol de Galicia” pola súa inmellorable accesibilidade, e máis despois da entrada en servizo da nova ligazón desde a AP-9, polas súas numerosas prazas de aparcadoiro e porque desde hai varias semanas preséntase como o epicentro da historia do balompé da nosa comunidade ao albergar a exposición “Valor e mestría”, a mostra máis ambiciosa sobre o fenómeno do fútbol na nosa comunidade, tanto en percorrido histórico como en número de pezas: 300, das cales 200 son orixinais.
 
Ao longo destes 143 anos o fútbol galego foi protagonista en numerosos momentos estelares. Así, a antoloxía de pezas desta exposición devólvennos as xestas de Luis Suárez, Amancio, Marcelino, Buyo, Arsenio Iglesias; de equipos como o Pontevedra do “Hai que roelo”, o Celta que brillou en Europa ou o Súper Dépor; de xogadores como Fran, Míchel Salgado; ou da nosa futbolista máis internacional, Vero Boquete, o nome máis representativo da explosión que está a vivir o fútbol feminino galego e que tivo á porteira Irene como pioneira a principios do século pasado.
 
Facerse eco de todos eles é o principal obxectivo desta mostra, a exposición que se pode ver no segundo piso da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Organizada pola Xunta de Galicia coa colaboración da Real Federación Galega de Fútbol, conta con de os expertos en fútbol galego Xosé Antón Castro e Rubén Ventureira como comisarios da exposición.
 
A sede da RFGF de Santiago acollerá parte da mostra
 
Parte de mostra “Valor e mestría” que ata o mes de setembro aínda se pode visitar na Cidade da Cultura de Galicia trasladarase posteriormente á sede da Real Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela, onde permanecerá de forma indefinida.
 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-