GAKU SHIBASAKI VAISE O LEGANÉS.

Gaku reencontrarase no Leganés con Sabin Merino.

 

Segundo informan os amigos do DXT Campeón o nipón, Gaku Shibasaki ficha polo Leganés, recén descendido de Primeira División.

Gaku chegou a pasada tempada o RC Deportivo procedente do Getafe, no que non tivo nen sorte nen minutos para demostralo. No Depor xogou un total de 27 encontros dos que 24 saeu como titular. Foi un xogador de “lusco e fusco”, pero que amosou en varios encontros a sua grande calidade, así coma os seus arrevatos inexplicables, coma o que lle costou a expulsión en Elxe aos 20 minutos de encontro deixando o equipo con 10. Unha noite de San Xoan atípica pero na que si se acadaban 3 puntos moi importantes naquel intre, pero que foron infructuosos co paso das xornadas. No Leganés toparase de novo con Sabin Merino.

Gaku únese así aos xa desembarcados, Dani Giménez, Borja Valle e David Simón. Por outra banda dos que acabaron contrato de cesión, Mollejo era tentado por varios clubes pero Cholo Simeone cota con él, e Montero ven de ser cedido por duas tempadas o Besitkas turko.

No tema de futuribles sona como meta Carlos Abad, procedente do CD Tenerife segundo unha información de Cope Coruña. E o parcer segue latente o interese de recuperar a Quique González, que pasou desapercibido no Eibar que lle pagou o Depor 1,5 millóns de euros.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies