O Xallas celebrando o fito histórico.
Tal e como vos informamos na análise da xornada que era a do final en varis das ligas costeiras o Xallas despois de ter acadado o ascenso a 1ª Galega Feminina fai un par de semanas, (onde se atoparán co Bergantiños FC), nesta pasada acadaban o título de campioas da 2ª Galega G1, un enorme éxito das rapazas adestradas por Eloy García que nos 30 encontros disputados acadaron a frioleira de 25 vitorias, 3 empates e tan só 2 derrotas con 69 goles a favor e tan só 20 en contra. As suas máximas realizadoras foron Olalla, (22 goles), Claudia, (11) e Noe, (10).
A nosa máis cordial noraboa para tódalas/os que forman o Xallas FC Feminino e o clube en si mesmo.
O Corme celebrando o título na praza do pobo.
O Corme ainda non rematou a sua andaina na liga pois fallan 2 xornadas por disputar na 3ª Galega G2, pero a semana pasada coa sua vitoria a domicilio ante o Cerqueda, 80-2), facíanse co título de campios da liga por primeira vez na sua corta historia e co ascenso a 2ª Galega G1 onde se atoparán como mínimo co Miúdas e Cee. As rapazas adestradas por Rubén Souto siguen invictas e dos 24 encontros disputados gañaron 22 e empataron 2 e cero derrotas, sendo o equipo máis realizador con 125 goles marcados e o menos batido con tan só 15 en contra. A sua dianteira Naroa con 56 goles é a máxima realizadora da liga e de Galicia cunha media de 2´43 por encontros e completan o podio das suas goleadoras Cristina Veres, (18) e Carla Póse, (17).
A nosa máis cordial noraboa para tódalas/os que forman o Corme CF Feminino e o clube en si mesmo.
O Muxía as portas do ascenso a 2ª.
O Muxía a falla de 2 xornadas para rematar a 3ª Galega Feminina formando parte do Grupo 2, está a un paso do ascenso dependendo de si mesmas. As rapazas que adestra Isma Márquez suman 59 puntos en 24 encontros, polos 67 en 28 que suma o Eirís do Grupo 1, os 63 do San Lázaro, (en 24 encontros), do Grupo 3, os 56 da Esteirana no Grupo 4, e os 63 do Cañiza do Grupo 5. Ascenden os 3 mellores segundos.
A Esteirana tentará o ascenso no ano da sua fundación.
A Esteirana que dirixe Fran Figueroa depende de resultados, tanto de que falle o Muxía como algún máis.
-2 últimas xornadas-
Sporting Zas-Muxía, (25/05)
Muxía-Corme, (01/06)
+++++
Catoria-Esteirana, (25/05)
Esteirana-Céltiga, (01/06)
-Foto Corme : Rubén Souto
-Foto Xallas : Eloy García
-Foto : Muxía : Marian Busto
-Foto Esteirana : Fran Figueroa
-Texto : Xosé Búa “Pirata”