FÚTBOL DA COSTA EN BREVES : BAIO, SOFÁN, XALLAS, LARACHA, OZA, CORISTANCO, MAZARICOS…

 

O CD Baio xoga o Domingo o Trofeo Gasthof

O SD Baio recibe mañán xoves na sua casa ao SD Sofán, (Preferente Norte), nun amigable que dará comezo ás 20:45 horas, para o vindeiro Domingo 28 de Agosto, tamén no Platas Reinoso ter dobre cita co Trofeo Gasthof. O equipo xuvenil e o senior, enfrontaranse respectivamente a SD Sofán Xuvenil e Xallas FC, (rival dos senior na 1ª Galicia G2). O equipo dos xuvenís comezará ás 16:30 horas e o dos senior ás 19:00. 

 

Presentación do Laracha CF o Domingo

O vindeiro Domingo haberá fútbol na Laracha. O equipo senior larachés, (1ª Galicia Grupo 1), recibirá no Municipal da Laracha ao Betanzos CF, no que será a presentación ante a sua afección, no novo poxecto liderado polo estordés, Rubén García. O choque comezará ás 19:30 horas, pero antes terá lugar a foto oficial do clube para a 2022/23.

 

Amigable do Mazaricos hoxe mércores

Hoxe mércores 24 de Agotos, terá lugas no Municipal da Picota, (Mazaricos), un amigable antre o CF Mazaricos, (1ª Galicia G2), e o SD Dubra B. O choque comezará ás 21:00 horas.

 

Amigables e “Festa do socio” do SD Oza

O SD Oza, equipo recén ascendido a Liga da Costa, (Segunda Galicia A Costa), terá o sábado 3 de Setembro no Centro Social de Oza, (Carballo), a sua “Festa do Socio”. Unha festa na que se poderán degustar, previa inscrición : Empanada, mexillóns, churrasco, postre, café e chupitos, por un prezo de 15 euros para os socios, e 30 para os non socios. A velada estará amenizada pola cantante Begoña García. Os nenos menores de 4 anos poderán ir de balde, e os de antre 4 e 12 pagarán coma os socios. Os interesados poden apuntarse nos teléfonos : 620 168 012, (Natalia), e 662 247 473, (Javier).

O equipo ocense xoga hoxe no Carral ante o SD Sofán Xuvenil, un choque amigable a partires das 21:00 horas. Volven a xogar o venres, desta vez na Rocheira ante o SD Coristanco, para rematar o mes visitando no Xabiña ao SCD Buño. O día da “Festa do Socio”, xogarán no Carral, (Sofán), un triangular ante o CF Porteño e un equipo ainda por determinar.

 

-Foto : CD Baio

-Texto : piratasdemuxia.