FRAN NA SUA CARTA DE DESPEDIDA : “CONFIEMOS NA CANTEIRA QUE CANDO SE FIXO AMOSARON QUE ESTÁN A ALTURA”

Fran levaba 3 tempadas como director da canteira do RC Deportivo.

 

Había dúbidas sobre si Fran González, unha das estrelas históricas do depor, que viña desenvolvendo un traballo magnífico na canteira do equipo deportivista, se fora él que deixaba o cargo tras estar a piques de renovar, ou se o botaran, a cousa que máis pensábamos a inmensa maioría, nesta especia de “aniquilación” que esta a facer o Señor ABANCA.

Fran pubricou unha foto-montaxe dobre na que ademáis de despedirse e agradecer a todos o apoio que tivo e o a gusto que traballou, que “se aparta a un lado”, e que “non é unha despedida, porque un non pode decir adeus a sua casa”, pero durante o escrito deixa entrever que quería seguir co proxecto, pero “no medio de esta reconstrucción que está a vivir o clube”, pide que non se deixe, “de creer nos xoves, porque cando se lles deixou competir, amosaron que están a altura de calquera. Apostemos por eles e démoslle a oportunidade de trunfar”, un bo aviso para navegantes, e un sentimento de todo o deportivismo, que se conte ca canteira.

O lugar de Fran ocuparao Albrt Gil, que xa o ocupou do 2014 o 2021, e que leva no apartado da canteira deportivista dende fai 9 anos, e agora colle o testigo da estrela branquiazul.

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Carta : Fran Gozález

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies