FRAN FIGUEROA DEIXA DE SER ADESTRADOR DO ED AS MIÚDAS.

Fran, (der) con Manu Sánchez na sala de prnsa do RC Deportivo.

 

Para nós falar da Escola Deportiva Os Miúdos de Muros ten dous nome sobre todo, e un “accésit”. Un deles é o presidente-fundador Vinto Tajes, ao que como se diría : “hai que darlle de comer aparte”. Sabemos dos seus problemas de saúde e do grande esforzo que fixo, e que fai cada día para que ese soño que se fragou fai anos se fixese realidade, e vaia se se fixo, pois hoxe en día hai que quitarlle o sombreiro a esta institución, que polos nenos e neas loitou contra todo e todos, sen axudas e consolidouse coma unha das mellors de Galicia. Outro nome é Fran Figueroa, adestrador e artífice do equipo fminino, que da nada situouse nun equipo a ter n conta no deporte feminino da costa e galego. O “accésit” é para tódolos pais, nais e colaboradores que axudaron desinteresadamente dende os comezos ao crecemento da entidade deportiva, desinteresadamente e todos cun obxetivo común…o ED Os Miúdos.

No día de hoxe Fran Figueroa anúncianos que deixa de ser o adestrador, orgañizador, impulsor…do conxunto feminino. Día triste, pero as suas razóns terá, que nen nos interesan nen imos a pubricar, só desexarlle o mellor e que este equipo sempre terá o vermello do seu ímpetu e a sua entrega a tope e o negro deste día de despedida, na que agradece a todos/as e todo canto lle deu este equipo.

Non podemos máis ca desexarlle en argot mariñeiro : “Que teñas boa proa!!!”.

 

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.