FOTOS DO RECORDO . UD MONTE LOURO-MUXÍA CF 2013/14 : “ASCENSO A LIGA DA COSTA DOS DE LOURO”.

 

UD Monte Louro-Muxía CF 2013/14

 

Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos un UD Monte Louro-Muxía CF 2013/14. Non foi un encontro máis o que se xogaba no “Agra de Filgueira” de barro, hoxe en día remozado e cun dos mellores céspedes artificiais do fútbol costeiro e galego. Un encontro duro tal e como conserbamos no arquivo dese día realizado por un xovencísimo Roi Búa, con numerosas faltas e entradas de asistencias os xogadores, houbo un penalti a favor dos muxiáns, expulsións…un choque no que había moito que gañar. Era o derradeiro encontro polo ascenso do equipo lourés, que celebrou por todo o alto o ascenso a Liga da Costa, un ascenso que tamén acadaba esta mesma tempada tras quedar terceiro na clasificación e ascender o darse por finalizadas as ligas, cando era o máximo favorito na promoción de ascenso.

 

 

11 inicial do Muxía CF * : Por arriba de esquerda a dereita : Sergio “Pataca”, (non xoga), Javi, (non xoga), Martín “Currás”, (non xoga), “Pesqui”, (non xoga), Juan “Peruano”, (non xoga) e Santi “Papi”, (non xoga). Abaixo de esquerda a dereita : Roberto Pereira, (Muxía CF), David Rey, (non xoga), Iván Lagoa, (non xoga), Jonathan, (non xoga), e Martinsiño, (Muxía CF).

*Antre parénteses a situación deportiva actual.

 

 

 

 

 

 

 

 

O UD Monte Louro celebrando o ascenso tralo choque cos muxiáns.

 

Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 40.000 visitas nun só día. Recomendamos sempre ver mellor as fotos e a propia web en ordenador ou similares, mellor ca no mobil, xa que o formato é moito mellor.

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Fran “Pioto” e Faustino.

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.