FOTOS DO RECORDO : “UD CORCUBIÓN 2009/10″…”UN GRAN GRUPO UNIDO, QUE QUEDOU AS PORTAS”.

 

UD Corcubión 2009/10 

 

Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos o UD Corcubión 2009/10, un equipo que militaba na 3ª da Costa e que estivo a piques de acadar o ascenso a Liga da Costa na que quedou 4º, (ascenderon ese ano o SD Buño como campión, o Club do mar, segundo, e o CF Dumbría “B”, terceiro), e que se quedou no camiño por un troco radical o seguinte tempada, xa que a grande maioría deles deixaron o clube o ano seguinte.

 Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 35.000 visitas nun só día. Recomendamos sempre ver mellor as fotos e a propia web en ordenador ou similares mellor ca no mobil, xa que o formato é moito mellor.

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Balucho (retirado); Juanjete (retirado); Cristian Carrillo (retirado); Cristian Lourido (retirado); Josiño (retirado); Roberto (retirado); David de Mayas (retirado); José María Senra (Adestrador F8 Sd Fisterra); Senra ( Adestrador F8 Sd Fisterra); Andrés (retirado).  Abaixo de dereita a esquerda : Mario (UD Corcubión); Carlitos (retirado); Pablo Lestón (SD Fisterra); Chisco (Retirado); Jose Atalaia (Dumbria veteranos); Adrián (retirado); Edu (retirado)

Cáseque 11 anos despois, Mario actualmente está no UD Corcubión, Pablo Lestón no SD Fisterra co que está a trunfar e as portas da 3ª División, José María Senra, central daquel equipo, hoxe en día adestra no fútbol base do SD Fisterra, así coma o seu pai Senra, que era o adestrador e que actualmente leva un equipo de base do SD Fisterra. No fútbol veterano tan só está José Atalaia, que milita nos veteranos do CF Dumbría, o resto nestes intres non practican o fútbol.

José María Senra, o “Kaiser” da defensa, volveu en varias ocasións, edanos a sua impresión daquel UD Corcubión 2009/10 : “Para mín un dos mellores grupos cos que compartín vestuario, pasábamolo moi ben. Estábamos moi unidos. Quedamos cuartos en Terceira Rexional a punto de ascender. Ese ano ascenderan o Buño, o Club do Mar e o Dumbría B. Dese ano quédome co grupo humano tanto no equipo como na directiva. Despois case sempre faltaba alguén, dificultando facer as convocatorias e os onces. Foi un equipo que ao rematar a tempada desfíxose completamente polo cambio de directiva e de adestrador. Ata 7 xogadores se retiraron. E varios cambiamos de clube”.

 

 

 

 

 

 

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : José María “Senra”.

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.