FOTOS DO RECORDO : “UC CEE INFANTIL 2013/14″…”EQUIPO HISTÓRICO DE CAMPIÓNS DE TODO QUE SELLES PUXO POR DIANTE”.

 

UC Cee Infantil 2013/14

 

Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos o UC Cee Infantil 2013/14, equipo que fixo historia no clube ceense o acadar nesa tempada a Liga e a Copa da Costa Infantil, na que era a primeira edición da mesma ante o Corme CF, que loitou con eles ata o derradeiro encontro en ambas competicións. Ese mesmo ano varios destes rapaces dirixidos por Carlos Pazos, no clube da “Vila da Xunqueira”, foron baixo a sua batuta campións da Liga de Fútbol Sala Base “Costa da Morte”, Campións Intercomacais Futbol Sala e Campións da Provincial Futbol Sala.

 Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 35.000 visitas nun só día.

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Luis Lojo, (UC Cee) , Sergio, (non xoga), Jon, (non xoga), Fabio, (SD Club Silva), Ángel, (SD Ameixenda), David, (non xoga), Borja, (non xoga), Carlos, (UC Cee), Touceda, (non xoga) e José Carlos, (non xoga).  Abaixo de esquerda a dereita : Marcos, (UD Corcubion), Alberto, (non xoga), Iago, (UC Cee), Ánxo, (CF Dumbría), Álex, (UC Cee), Leo, (UC Cee), Xacobe, (UC Cee), Martín, (UC Cee), e Iago, (non xoga). As duas mulleres que saen na foto son Belén Ramos, (centro-arriba), que era diretiva do clube e Zaira Rodríguez, (dereita arriba), que era alcaldesa de Cee.

Un equipo moi productivo tanto para o UC Cee coma para os equipos da zona, pois moitos seguen no equipo ceense, e varios deles xogaron en xuvenis e en senior ata fai pouco en equipos coma o propio clube ceense ou o UD Corcubión.

 

UC Cee Inafntil 2013/14 na final da Copa da Costa.

 

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Sergio, Jon, Fabio, Luis Lojo, Ángel, José Carlos.
Abaixo : Carlos, Álex, Carlos, Borja, E David.

 

 

Para Carlos Pazos que era o adestrador deste equipo de campións : “Este foi un gran grupo, que despois de algunhas baixas rumbo a Dumbría, soubo aguantar con grandes individualidades como Sergio, Luis Lojo, Fabio, Carlos e Jon, que ese ano ganaron todo tanto a futsal como a fútbol, axudados por Jose Carlos que deixou os guantes, axudando no campo de defensa. Un grupo que complementamos con xogadores alevíns, na sua maioria de primeiro ano”.

 

FOTOS FINAL DE COPA

 

 

 

 

 

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Carlos Pazos

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies