FOTOS DO RECORDO : “SD SOFÁN INFANTIL 2012/13 : “CON ELES COMEZOU O CRECEMENTO DO FÚTBOL BASE SOFANISTA”.

 

SD Sofán Infantil 2012/13

 

Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos o SD Sofán Infantil 2012/13, nun encontro xogado no Campo da Arliña, (Muxía) ante o equipo do Muxía CF. Un choque de fai 7 anos e que tiña a un equipo sofanista en crecemento, intensificando a sua aposta polo fútbol base e que anos despois deu paso a grandes éxitos para o clube. Na portada da web, no “menú”, quedan rexistrados tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 35.000 visitas nun só día.

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Sebastián, Álex, Lety, Carlos, Eloy, Nacho, Miguel, Ángel. No medio arriba o adestrador, Rogelio. Abaixo de esquerda a dereita : Iván, David, Daniel, Kevin, Iván, Marcial e Ángel.

Actualmente deste equipo solo siguen xogando : Lety que está no UD Paiosaco Feminino, Kevin nos xuvenís do Sofan, e Eloy e Nacho que xogan no San Martiño. O adestrador, Rogelio tras moitos anos no SD Sofán como adestrador de base e porteiro dos veteranos, actualmente adestra ao equipo cadete das Escola Deportiva do SD Tordoia.

Tal e como nos comenta Rogelio Rodríguez : “A maioria dos rapaces deste equipo foron os que empezaron o fútbol base do Sofan. Con eles foi como empezou todo”.

 

Ángel un dos destacados daquel equipo infantil da SD Sofán.

 

O canario Chacho, (Muxía CF) presiona a Ángel, (SD Sofán) baixo a mirada do

sofanista Miguel, e o muxián, Fran. Atrás seguen a xogada Xan e Lety.

 

De esquerda a dereita : Álex, Eloy, Ángel, Iván e Carlos.

 


Celebrando un gol de Lety.

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Rogelio Rodríguez

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.