FOTOS DO RECORDO : SD PONTECESO INFANTIL 2012/13 : “XERME DO EQUIPO SENIOR ACTUAL”.

 

SD Ponteceso Infantil 2012-13

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Damián, (porteiro-SCD Malpica), Aarón, (non xoga), José, (non xoga), Diego, (SD Ponteceso Xuvenil), Saray, (Ural CF), Carlos, (non xoga), e Adrián Pop, (Non xoga). Por abaixo de esquerda a dereita : Carlos, (non xoga), Martín, (SD Ponteceso), Pablo, (SD Ponteceso), Lois, (SD Ponteceso), e Javi, (Cabana SD).

Antre parénteses os equipos nos que xogan.

Equipo forte e que xogaba moi ben o fútbol no que destacaba moito o romenio Adrián Pop, xogador corpulento e de calidade no que se baseaba todo o potencial ofensivo. Destacar a rapaza, Saray que non desentonaba nada e que segue a sua carreira no fútbol coruñés, no Ural CF. Un equipo moi difícil de batir e do que 7 anos despois ata 6 xogadores seguen en activo e a boa nova para a formación de xogadores do conxunto pontecesán e que 4 continúan nas suas filas, un deles nos xuvenís e os outros 3 no primeiro equipo que loita polo ascenso a 1ª Galicia G2.

 

                              José conducindo o balón no Campo da Arliña, (Muxía).

 

Adrián Pop presionando a Rodri “Crejo”, (Muxía CF).

 

Diego encimado por un xogador muxián.

Saray e Adrián Pop defendendo un saque de curruncho.

 

De esquerda a dereita : Rodri, (Muxía CF), Martín, (SD Ponteceso), Marce “Marcote”, (Muxía CF), Lois, (SD Ponteceso), Fran, (Muxía CF) e José, (SD Ponteceso).

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es/Manolo Parga

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.