FOTOS DO RECORDO : “SD FISTERRA INFANTIL 2013/14″…”INICIOS DUN EQUIPO DE CAMPIÓNS”.

SD Fisterra Infantil 2013/14 

 

Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos o SD Fisterra Infantil 2013/14, equipo que fixo historia no clube ceense o acadar nesa tempada a Liga e a Copa da Costa Infantil, na que era a primeira edición da mesma ante o Corme CF, que loitou con eles ata o derradeiro encontro en ambas competicións. Ese mesmo ano varios destes rapaces dirixidos por Carlos Pazos, no clube da “Vila da Xunqueira”, foron baixo a sua batuta campións da Liga de Fútbol Sala Base “Costa da Morte”, Campións Intercomacais Futbol Sala e Campións da Provincial Futbol Sala.

 Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 35.000 visitas nun só día.

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Gabriel, (adestrador), Xixo, (non xoga), Isaac Fábregas, (Calasánz de División de Honra), Aarón Lobelos, (SD Fisterra), Ayoze, (deixo por problemas de xeonllo), Crístopher, (SD Fisterra), Ángel, (deixou), Sergio, (CF Dumbría Xuvenil) e Kino, (adestrador) Abaixo de dereita a esquerda : Fiz, (deixo), Luisete, (Escolas Luis Calvo), Adrián, (deixou), Enrique, (nun equipo da Coruña), Brais, (deixou), Dieguiño, (Máximo goleador do CF Dumbría Xuvenil na Liga Galega), Rubén, (deixou), e Iván, (CF Dumbría Xuvenil)

Un equipo que aportou e segue aportando para o SD Fisterra e para o fútbol da costa e da provincia. Aarón Lobelos e Crístopher xogan actualmente no SD Fisterra da Preferente Norte que tras ascender o ano pasado podería ser a vindeira tempada equipo da 3ª División, algo que parece unha realidadevista a decisión da RFEF coa 2ª B e 3ª División e que seguro que será o que se levará a cabo nas demáis ligas se non se acaban, que sería o máis coherente. Hai varios destes rapaces, que ao non haber equipo xuvenil esta tempada na SD Fisterra deixaron de xogar, e outros buscaron outros equipos, polo que estes rapaces que pouco tempo despois alzarían título de campións na Copa da Costa cadete, ainda seguirían na entidade de non ser os problemas de ter efectivos para conformar unha plantilla xuvenil e de seguro que varios acabarán voltandoa vestir a “verdiña”.

Para Kino que era o adestrador deste equipo de campións : “Foi unha boa xeración, unha pena que non haxa xuvenís no Fisterra ahora, pero ainda así 5 ou 6 están no Dumbría, e faltan Ezequiel e Manu, e Aarón e Cristopher están no equipo senior do Fisterra e Ayoze unha pena do tema das lesións que senón tamén era un bo xogador “.

 

 

 

 

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Carlos Pazos

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies