FOTOS DO RECORDO : “SD CORISTANCO 2012/13″…”UN CAMPIÓN ÓS PUNTOS”

 

                                          SD Coristanco Benxamín 2012/13

 

Na foto : Mateo, (SD Coristanco), Dani, (SD Coristanco), Arturo, (SD Ponteceso), José Lorenzo, (Adestrador da SD Coristanco e Coordinador de Deportes do Concello). Por abaixo de esquerda a dereita : Kevin, (Xallas FC), Miguel (SD Coristanco), Ruben, (Club Ciclista Carballo), Nico, (CF Dumbría), Álex, (non xoga), Raul, (SD Coristanco) e Manuel, (CF Dumbría).

Antre parénteses os equipos nos que xogan actualmente. Seguen todos en activo menos Álex. Destacar a Rubén, que deu un troco de 360º, adicando a sua faceta deportiva ao ciclismo e actualmente corre no Club Cicllista Carballo.

 

O SD Coristanco Benxamín recibeu a Copa de campións de liga,

no trasncurso da Copa da Costa de Fútbol Base celebrada en Baio en Xullo do 2013.

 

O SD Coristanco Benxamín foi campión da Liga de Fútbol 8 da tempada 2012/13 da man de José Lorenzo Díaz, nunha liga moi reñida ata o derradeiro encontro co FS As Baleas, na que os coristanqueses acabaron campións tras unha aliñación indebida dos camariñáns, segundo resolución da RFGF nun dos encontros un xogador “baleeiro” : “Disputou o encontro tendo ficha co EFB Luis Calvo Sanz”. Punto que decantou a liga hacia os da “Terra da Pataca”, que hoxe en día teñen idade xuvenil a maioría e algún cadete. O adestrador, José Lorenzo, na actualidade leva un equipo de Prebenxamíns e outro de Benxamíns da SD Coristanco, e segue na faceta de Coordinador de Deportes do Concello de Coristanco.

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es/José Lorenzo Díaz

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies