FOTOS DO RECORDO : “OUTES CF 2010/11″…”UN EQUIPO DE 10”

Outes CF 2010/11

 

Aqui tedes unhas fotos recordo do  Outes 2010/11 pouco despois de refundarse. Tal e como nos conta o adestrador de Tal, (Muros), que dirixeu aquel grupo e co 1que acadou os éxitos máis rotundos do clube outes trala refundación : “Viñan varios dos rapaces do fútbol sala, xogaban muoi corto, probablemente o máis atractivo para o espectador desde a volta a competición do equipo. Como grupo un “10”, 116 sesións de entrenamento e máis dun sin fallar un día. E como anédota, fixenos entrenar o 1 de xaneiro porque cadraban mal os días cos festivos, e non fallou nen un, eso si, todos de resaca terrible, e cas mozas a protestar”.

Na foto : De esquerda a dereita por arriba :  Pitu, (retirado), Dani DB, (Vetereanos Outes CF), Kin, (Veteranos Outes CF) Saúl, (retirado), Martín (Outes CF), Álvarito (Outes CF), Moncho (traballando na Suiza), Manu de Roque, (adestrador do Lesende e Coordinador Fútbol Base do CF Noia), Damián, (retirado), Gato (Outes CF). Agachados de esquerda a dereita: Chúa, (Flavia SD, acaba de fichar procedente do Volantes de Baño CF), Ángel (retirado), Primo, (retirado), Pescó, (Veteranos Outes CF), Arturo, (Outes, acaba de lesionarse e deseámoslle unha pronta recuperación), Marico, (retirado), Flavio, (retirado), Tomé, (“Mister” no alevín no CF Noia).

 

Polo tanto de todos eles un total de 7 seguen no Outes CF, 10 anos despois desta instantánea, 3 deles nos veteranos e os outros 4 no equipo da Serra que ven esta tempada 2019/20 na 3ª da Costa de acadar o asecnso a Liga da Costa tras unha gran campaña na que só o campión, FC Camariñas, foi mellor ca eles. Outra anédota deste equipo é que Martín Caamaño e Gato estiveron en tódolos ascensos do clube. O primeiro xogou sempre no Outes CF dende a sua volta a competición e o segundo, descansou algún ano.

 

Chúa, (esq), e Arturo no encontro da Arliña.

 

Ángel no encontro ante o Muxía CF.

 

De esquerda a dereita : Fabio, Manu de Roque, Gato, Tomén, DB, Damián e Pitu.

 

Alvarito en pugna cun balón con Iván Chans, (esq).

 

Se cadra poido ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es/Manu de Roque

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

 


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies