FOTOS DO RECORDO : “O DÍA QUE DOYLE DO XAVIÑA CF FIXO DE VALERÓN NA ARLIÑA NO 2012”.

 

Carlos “Doyle” na Arliña no 2012

 

Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos unha anédota de Carlos Rodríguez Doyle, xogador do Xaviña CF, no ano no que “morreu” o soño do xaviñán, Isaac, que foi o propulsor da creación do equipo da vila camariñana de Xaviña no 2011. Un equipo que disputou 3 tempadas na 3ª da Costa e que logo ante a falla de efectivos acabou desparecendo. Neste recordo como decíamos, traemos a Doyle, como se coñece futbolísticamente, co seu segundo apelido, que é o da sua nai, irlandesa de orixe, e que comparte apelido co famoso escritor británico Sir Arthur Conan Doyle, creador de Sherlock Holmes e as suas aventuras.

Doyle nun encontro da tempada 2012/13. saltou o terreo de xogo ca camiseta de Valerón, pero tapado con cinta aislante o nome da espalda, e o escudo do RC Deportivo, a petición do árbitro do encontro que tiñan que xogar ante o Muxía CF. Os xogadores xaviñáns eran responsables da sua vestimenta, así como do seu lavado e conservación, pero ese día Doyle esqueceuna, e chegou ó Municipal da Arliña sen ela para disputar o encontro, e ainda por enriba non eran os xogadores suficientes. Un amigo que se desprazara ao campo muxián a ver o encontro levaba posta a camiseta de Valerón, e dada a coincidencia ca do seu equipo, pois o Xaviña CF xogaba ca vestimenta parecida a deportivista, pedíronlle permiso o colexiado tras explicarlle o motivo, o cal deu permiso, pero como decíamos tapándolle o escudo e o nome, e así deu pé a unha anédota que quedou rexistrada en piratasdemuxia.es para a historia, dun día que un “falso”, Valerón”, xogou na Arliña.

O xogador xaviñán Doyle, que comezou a xogar no Xaviña CF, tamén xogou no FC Camariñas e CF Porteño, e hoxe en día está sen xogar, dende nun accidente fracturou a rótula e tras querr volver a xogar sentía molestias. Foi socio deportivista e asíduo de Riazor, e ten a Valerón sen dúbida coma un dos mellores xogadores españois da historia.

 

Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 35.000 visitas nun só día. Recomendamos sempre ver mellor as fotos e a propia web en ordenador ou similares mellor ca no mobil, xa que o formato é moito mellor.

 

 

 

 

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Doyle

 

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.