FOTOS DO RECORDO : “MUXÍA CF XUVENIL 2009/10″…”UN EQUIPO QUE PRODUCTIVO DO MUXÍA CF”.

Muxía CF Xuvenil 2009/10 

 

Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos o Muxía CF Xuvenil 2009/10, equipo que foipouco despois o equipo senior dos muxiáns, xa que ainda que varios xa alternaban o equipo xuvenil e o priemiro equipo, acabarían xogando a practica totalidade deles agás un ou dous.

 Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 35.000 visitas nun só día.

Na foto de esquerda a dereita por arriba : José da “Plaia”, (delegado naquel tempo), José Antonio, (non xoga),  Santi “Papi”, (non xoga), Marcos “Carrera”, (non xoga), Martín “Currás”, Javi, (non xoga), José Manuel “Ruso”, (SD Camelle), Fabián, (non xoga), Crístian, (non xoga), e Suso “Feso”, (era o adestrador hoxe en día non adestra)  Abaixo de dereita a esquerda : Juni, (non xoga), Julián, (Muxía CF), Carliños de “Añobres”, (FS Villa de Cee), Kevin, (non xoga), Roberto Pereira, (Muxía CF), “Peski”; (Muxía CF) e Fran Sambad.

Un equipo que como decíamos foi moi produtivo para o Muxía CF xa que pouco despois formaron no equipo senior na sua maioría. Era o segundo ano con equipo xuvenil para os muxiáns, polo que foi un ano para ir facéndose e dou pé a un gran surtidor de xogadores que sentou as bases da continuidade de xuvenís no clube muxián, que aguantou con equipo desta categoría unha década, quedando fai duas tempadas sen equipo nesta competición. Ademáis moitos destes xogadores hoxe en día rondando a trintena, pasaron por clubes coma o Bergantiños, UC Cee, ou SD Laxe antre outros.

 

 

 

 

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Santi “Papi”

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies