FOTOS DO RECORDO : “MUXÍA CF-SCD BUÑO 2009/10″…”O DERRADEIRO BUÑO CAMPIÓN DE LIGA”

Se

                            Detalle dun Muxía CF-SCD Buño da tempada 2009/10.

 

Na foto da 3ª da Costa 2019/10 de esquerda a dereita saen os ex-xogadores do Muxía CF, xa que ningún está actualmente en activo : Cabejo, (o “Kaiser” da defensa muxiana), Ziro, (fillo do famoso, finado, pintor xaponés Yoshiro Tachibana), Josiño “Mijo”, (o fondo) e o seu carón Vitorino “Vito”. No que respecta ao SCD Buño que xogaba como visitante no “Campo d´Arliña”, vense 4 xogadores. O que está en primeiro plano da imaxe é Diego Rojo, que era o capitán do equipo, (fillo de Manolo Rojo, directivo naquela época, e que é un dos homes que máis temporadas xogou históricamente no equipo “oleiro”, xunto con Emilio e Victor). O segundo home que se ve é Santi de Carballo, diantero moi velóz. Ningún dos dous xoga actualmente. Na esquerda vese media cabeza. e o brazo dereito de Rubén Rouco, que ese ano fixera unha temporada espectacular. Xogador de Xornes que segue en activo no fútbol de vereranos da costa. No centro da foto, ó fondo, vese a cabeza de José, central elegante, e con moito gol a balón parado. Xoga actualmente nos veteranos do Verdillo.

 

 

De ese equipo, siguen en activo, e ambos siguen no Buño, Brais, o porteiro, e Juan Antelo. Ademáis do adestrador Pablo Mallón, actualmente mnas filas do SD Ponteceso. Ese equipo foi campeón de liga, e o ano pasado toda a diretiva, corpo técnico, e xogadores, fixemos o ano pasada unha comida para rememorar todo o vivido. Este ano tíñamos outra cea preparada pero o Coronavirus acobou con ela, estamos pendientes de data para realizala.

 

Cea de lembranza do derradeiro título de liga do SD Buño.

 

++++

 

Se cadra poido ter algunha lagoa, cando poña fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es/Pablo Mallón

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.