FOTOS DO RECORDO : MUXÍA CF INFANTIL 2012/13 : “A XERACIÓN PERDIDA”.

Muxía CF Infantil 2012-13

 

Na foto de esquerda a dereita por arriba : José Manuel “Gusa”, (CF Dumbría), Edu, (non xoga), Álex, (non xoga), Fran, (non xoga), Miguel, (non xoga), Marce “Marcotiño”, (SD Camelle), Roi, (SD Camelle). Por abaixo de esquerda a dereita : Yeray, (non xoga), Xan, (Muxía CF), Rodri, “Crejo”, (CF Castrelo), Abdulaye, (finado), Iván, (non xoga).

Antre parénteses os equipos nos que xogan actualmente e os que deixaron tralos xuvenís.

Esta, con varios outros máis que non estaban este día, (Chrístian Vilela, Liñeiro, Mario “FT”…), son unha xeración perdida do Muxía CF. Un grupo de rapaces que xogaron no clube dende benxamíns ata xuvenís e que a maioría non tiveron nen o premio, nen a oportunidade de debutar, nen sequera adestrar co primeiro equipo, e que viron cortada a sua traxectoria de sempre no seu clube, cando no derradeiro ano de xuvenís o clube muxián non fixo equipo desta categoría. Destacar na foto a “Abdulai”, ao que lle fixemos un especial o pasado día 23 dado que facía 4 anos que morrera tráxicamente de infarto diante dos seus compañeiros no descanso dun Muxía CF-SD Fisterra, 4 anos despois desta foto tomada a finais do 2012

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies