FOTOS DO RECORDO : MUXÍA CF-EX XOGADORES MUXÍA CF…(SETEMBRO 2013)

Muxía CF 2013/14

Na foto de esquerda a dereita por arriba : José, (non xoga), “Ruso”, (SD Camelle), Julián, (Muxía CF), Santi “Papi”, (non xoga), Javi, (non xoga), Jonathan, (non xoga), Sergio “Pataca”, (non xoga) e Hucho, (Presidente do Muxía CF naqueles anos). Agachados de esquerda a dereita : “Peski”, (non xoga), Damián, (non xoga), Roberto Pereira, (Muxía CF), e Martínciño, (Muxía CF). Tamén xogaron : José Manuel “Pesqui”, Carliños de Añobres, Martín “Currás”, ou Davisinho.

Dirixeu o encontro Felipe Vilela que sería pouco tempo despois presidente do clube e que actualmente é Delegado, unha faceta que leva feito moitos anos, ademáis de ter xogado varios anos na base. 

 

Ex xogadores do Muxía CF

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Hucho, (ex presidente do Muxía CF, ferreteiro e Xuíz de Paz), Álvaro, (hosteleiro), Miguel Camarón, (Protección Civil), Rafa “Cordobés”, (!), Ziro, (!), Mario, (mariñeiro), Alberto, (mariñeiro), “Merexo”, (gasolineiro de barcos), Arxires, (!). Abaixo de esquerda a dereita: Joseiño, (mariñeiro), Manolo Romaní, (mariñeiro), Santiago, (mariñeiro retirado), Suso “Feso”, (hosteleiro) e Gerardo, (mariñeiro).

De todos eles o único que nunca xogou no Muxía Cf, pero foi invitado para completar equipo é o “Merexo”, ex armador e mariñeiro de Laxe, que traballa no surtidor de gas-oil dos barcos en Muxía, Camariñas e Fisterra. Presidía o clube Gerardo Haz “Hucho”. Antre parénteses a ocupación actual, ou a derradeira.

Estas fotos que xa pubricamos no seu día, corresponden a un encontro que xogou o Muxía CF e un grupo de ex xogadores do clube, nunha tarde de Domingo de Setembro do 2013, antes da Romaría da Barca na pretempada do clube muxían na 3ª da Costa.

Non foi esta a única vez que se xuntaron ex xogadores do Muxía CF para xogar un encontro, o que da as craras que hai potencial para ter un equipo de veteranos, pero xa o tentaron por activa e por pasiva e ata poñendo vestimentas e demáis pertechos, Álvaro Rodríguez e Joaquín “O Notario”, pero a cousa non cuaxou.

 

Santi”Papi”encimado por Álvaro.

 

Joseiño, “Merexo” e Damián.

 

Álvaro e o fondo Manolo Romaní.

 

Mario na porta observa o corte de Miguel “Camarón” ante Jonathan.

 

Felipe, Davisiño, “Merexo” e Martín “Currás”, (de esq a der.).

 

Control de Manolo Romaní ante Roberto Pereira.

 

José Manuel “Pesqui”, desborda a Ziro ante a mirada de Perira, Gerardo e Santi.

 

Rafa “Cordobés”, a espera do balón baixo a mirada de Ziro, e Carliños.

 

-Fotos e Texto : Xosé Búa/piratasdemuxia.es

-Fotos dos equipos : Adrián Negro

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.