FOTOS DO RECORDO : “MUXÍA CF-BERGANTIÑOS CF, “COPA DA COSTA XUVENIL” 2009/10″.

Bergantiños CF Xuvenil 2009/10

 

Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos un Muxía CF-Bergantiños CF da “Copa da Costa Xuvenil” 2011/12. Dous equipos que deron de sí a moitos xogadores que a postre foron importantes para os seus equipos e para o fútbol costeiro e que seguen espallados pola nosa bisbarra e aledaños na actualidade 10 anos despois. Un encontro que rematou de maneira triste ca lesión grave do xogador bergantiñán Álex Trigo que nunha xogada fortuita na disputa dun balón sufreu a rotura de tíbia e peroné e que tivo que ser trasladado en ambulancia a un centro hospitalario para a sua conseguinte operación cirúrxica. Ainda que se reanudou media hora despois para todos o vivido fixo que os minutos que restaban fosen máis sufrimento ca fútbol. Tempo despois dende piratasdemuxia.es fixémoslle entrega dun CD coas fotos do encontro para que tivese de recordo.

Colabora connosco na confección deste artigo de recordo, David Castro, que daquela era xogador do Bergantiños CF e que hoxe en día dirixe ao UD Paiosaco Feminino e ao Sporting Zas de xuvenís, ademáis de ser o webmaster de www.diariodeportivo.es páxina que se adica a actualidade do deporte da costa e aledaños, e que de seguro que xa coñecedes. Ademáis é parte importante da Asociación Deportiva “Vidú”.

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Pablo Pose, (Ese ano era o adestrador, e estivo este ano de 2º adestrador no Xallas CF), Bugy, (Volantes de Baño CF), Javi Gemelo, (retirado), Álex Trigo, (retirado), Martín, (retirado), David Castro, (adestrador do Paiosaco feminino e do Sporting Zas xuvenil), Héctor Mayo, (a pasada tempada estivo no Coristanco pero tivo unha lesion grave), Eliseo, (retirado), David Álvarez, (SCD Buño), José María Figueiras, (era o Delegado/ Pai de Álex Figueiras xogador do Laracha CF).  Abaixo de dereita a esquerda : Norberto, (CD Baio), Estiven (retirado), Fuentefría, (SD San Lorenzo), Diego Pose, (retirado), Nando, (retirado) e Diego Mallo, (CD Baio).

Antre parénteses a situación actual dos xogadores.

 Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 35.000 visitas nun só día. Recomendamos sempre ver mellor as fotos e a propia web en ordenador ou similares, mellor ca no mobil, xa que o formato é moito mellor.

 

Muxía CF Xuvenil 2009/10

 

Na foto de esquerda a dereita por arriba : José da “Plaia”, (era o delegado, hose en día retirado), Santi “Papi”, (retirado), Carliños de “Añobres”, (Emigrado, xogaba no FS Villa de Cee), José Manuel “Ruso”, (SD Camelle), Javi, (retirado), Kevin, (retirado), Suso do “Feso”, (era o adestrador, actualmente retirado). Por abaixo de esquerda a dereita : “Juni”, (retirado), Roberto Pereira, (Muxía CF), “Carrera”, (retirado), David Rey, (emigrado e actalmente retirado), Fabián, (retirado) e “Peski”, (Muxía CF).

Antre parénteses a situación actual dos xogadores daquel Muxía CF na que practicamente todos chegaron a xogar no primeiro equipo muxián, e que tamén varios deles pasaron por clubes coma o UD Corcubión, UC Cee, SD Camelle, ou SD Laxe.

 

 

 

 

 

 

Atención a Álex Trigo trala grave lesión.

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : David Castro

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.