FOTOS DO RECORDO : LOUREIRO/O CORAL 2013 : “EQUIPO DE CAMPIÓNS A BATIR DOS TORNEOS DE VERÁN DE FUTSAL”.

Carpintería Loureiro/Restaurante O Coral 2013

 

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Pose, (FS Villa de Cee), Moriño, (FC Camariñas), Padronés, (Veteranos SCD Buño), Paco, (Adestrador da EMF Vimianzo), Brais Triñanes, e Lagoa. Abaixo de esquerda a dereita: De la Sierra, (SD Soneira), Jose Sar “Conguito”, (Muxía CF), Álvaro, e Hugo, (Muxía CF).

Antre parénteses os equipos nos que militan hoxe en día, que fala ben do estado de forma deles xa que tras 7 anos dende esta foto a maioría segune en activo no deporte de equipo.

Este foi un equipo poderoso, que marcou época nos torneos estivais, en especial e do que traemos esta foto o da Liga de Verán do Concello de Muxía 2013, na que a maioría dos anos saeu campión, coma nesta ocasión, na 4ª edición, patrocinados pola Carpintería Loureiro e o Restaurante O Coral de Muxía, (hoxe en día “A Lonxa d´Álvaro”), do noso colaborador, tanto en información como con publicidade para o funcionamento da nosa web, Álvaro Rodríguez, que xogou con varios destes nos Veteranos da SD Soneira, así como con Jordi Pasarella, que tamén formou parte do equipo de futsal nos seus comezos e ata o ano anterior. Falta nesta foto unha das pezas importantes da historia deste equipo, Javi Souto “Rubio”, que tamén segue en activo e xoga actualmente no SD Soneira da 1ª Galicia G2, con De La Sierra e con Basti, que tamén formaría parte do equipo de futsal Loureiro/O Coral.

Destacar que neste equipo tamén xogou o valenciano Joaquín, en Muxía, “O Notario”, (na sua terra, Valencia, “Chimo”), que no tempo que estivo como notario da localidade involucrouse de cheo nas actividades en especial no fútbol e no futsal. Formou parte do Muxía CF da 3ª da Costa e tentou xunto con Álvaro crear un equipo de veteranos en Muxía, cousa que non conseguiron a pesares de ata poñer dos seus bolsillos e acabaron xogando nos veteranos do SD Soneira. Tamén xogou Joaquín na Selección española de Notarios, representando a sua condición do oficio en Muxía e acadou en máis dunha vez co combinado español a Copa de Europa, información que vos trouxemos no seu día da sua man.

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Paco Oreiro

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies