FOTOS DO RECORDO : LEMBRAMOS O “I MEMORIAL ABDOULAYE FALL”. “IN MEMORIAM” 4 ANOS DESPOIS DO FATÍDICO 23/04/2016.

Abdoulaye Fall “Abdulai”

Sempre nos obsequiaba co mesmo xesto nas fotos de equipo.

 

Hoxe xoves 23 de Abril do 2020 cúmprense 4 anos da tráxica morte do xove senegalés, Aldoulaye Fall, que era cadete do Muxía CF e que no descanso do encontro que disputaban ese día o clube muxián, presidido naquel entonces polo hoxe en día delegado, Felipe Vilela, e a inextimable axuda de Lolita Campaña, xunto co adestrador Luis Romaní, todos eles parte importante do bo actuar daquel días e os posteriores do clube muxián. 

Cando demos a nova da traxedia ocurrida no Campo da Arliña, a nova deu a volta a España en cuestións de minutos. Foron máis de 200 medios de todo o pas os que nos pediron permiso para utilizar a foto que poñíamos do rapáz na nosa web, e moitos máis os que a puxeron sen pedir permiso. A maneira de deixarnos o bo de “Abdulai”, (como o coñecían os compañeiros), caendo fulminado diante dos seus compañeiros nos vestiarios, e coas manobras de intento de reanimación por parte dos alí presentes do clube muxián e do fisterrán, así como pouco despois de María Pérez, enfermera de Protección Civil de Muxía e do Hospital Virxe da Xunqueira, foron infructuosos. Cando chegou o helicóptero con persoal médico, a pesares de optar por “chutes” de adrenalida, desfibrilación…pero non puideron máis que certificar a morte. Facer mención tamén a rápida chegada de Protección Civil e Local e a do daquela alcalde de Muxía CF, Félix Porto, tomando as medidas oportunas legais e consolando o pai do rapáz. Día moi duro para tódolos que estivemos alí, para todo o fútbol muxián, pobo de Muxía, e para todo o fútbol da costa, que se volcaron todos en axudar da única maneira que se podía, e non era outra cas aporatacións nunha conta para pagar os gastos de funeraria e transporte do cadaleito do rapáz a sua terra en Dakar, (Senegal), para descansar cos seus. Uns trámites moi costosos e que se cubriron con creces.

De seguro que me esquezo de moita xente e entidades, pois foron moitísimas, e moitos equipos que ofreceron encontros amigables, e ata unha viaxe por parte do RC Deportivo aos compañeiros de “Abdulai” a visitar os campos de Abegondo e estar cos xogadores da primeira plantilla. Se dalguén me esquezo, desculpade, pois é imposible nomear a tódolos que axudaron dunha maneira ou outra.

Hoxe no recordo traémosvos unhas fotos do 30 de Abril do 2016, nun encontro homenaxe que a Asociación Deportiva Vidú, xunto co Corme CF e o Muxía CF orgañizaron e no que participaron rapaces dos clubes da Costa da Morte, contra o Muxía CF, reforzado con rapaces muxiáns doutros clubes. Nos prolegómenos sorteáronse, unha camiseta donada polo xogador do RC Deportivo, Luisinho, outra do ex deportivista, Pablo Álvarez, que estaba nas filas do New York City,  e unhas botas firmadas de David Villa. O Muxía CF entregoulle das mans do capitán “Gusa”, o pai de “Abdulai” un cadro cunha foto do rapáz nun encontro do Muxía CF, unha foto nosa. Nós confeccionaríamoslle un arquivo con numerosas fotos dos anos que o neno estivo no clube muxián a sua nai. A recadación que obtivo a Asociación Deportiva Vidú, tamén foi completa para a axuda da repatriación do rapáz. Dirixeu o encontro o fisterrán, Luis M. Insua.

Na gala de “Piratas de Honra”, puxémoslle o nome de “Premio Abdoulaye”, ao que entregamos os recoñecidos pola sua labor no deporte de base, na memoria dun rapáz moi querido que nos deixou moi pronto e que sempre lembraremos.

 

 

Arriba de esquerda a dereita : Luis Romaní, (Adestrador), Xan Nogueira, Sebas, Jesús, (porteiro), Marce “Marcote”, Dani Fidalgo, Fabián”Cheo”, Santi, “Gusa”, Roi, (porteiro), Chrístian Vilela, “Peski”, (delegado). Abaixo de esquerda a dereita : Adrián, Iván, Pabliño, Iago, Rodri “Crejo”, Lucas, Manuel, Alpha e Fabián Louzán.

 

 

Arriba de esquerda a dereita : David Castro, (adestrador e mebro da Asociación Deportiva Vidú), Elián (Xallas), Álex (Esteirana), Flavio (Os Miúdos), Álex Martínez (Soneira), Manu (Ponteceso), Eloy Cabeza (Sofán), Christopher (SD Fisterra), Brais Rey (SD Fisterra), Eloy Villar (Corme), Josiño (Os Miúdos), Castro (Cabana), Mohedano (Baio), Álvaro (Outes), Miguel (Os Miúdos), José Carlos (Cee). Abaixo de esquerda a dereita : Xulián (UC Cee),Fran (Esteirana), Christian (Sporting Zas), Iker (Coristanco), Diego Castro (Coristanco), Nacho (Sofán), Iago (Baio), Bieito (Cabana), Edgar (Soneira), Mousshin (Ponteceso), Constantín (Sporting Zas), Joel (Outes), Lucas (Corme).*

*Antre parénteses os equipos nos que estaban naquel intre.

 

Minuto de silencio na memoria de Abdoulaye Fall no Campo da Arliña.

 

Alpha, irmán de “Abdulai” e que era alevín xogou uns minutos co Muxía CF cadete.

 

 

-Texto e fotos : piratasdemuxia.es

-Aliñación equipo da costa : David Castro

 

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.