Independiente de Carballo 2010/11
Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos o Independiente de Carballo 2010/11, no seu salto da Liga de peñas de Carballo o fútbol federado na 3ª da Costa. Un equipo familiar, dun grupo de amigos que se xuntaban para facer deporte e logo disfrutar unha boa cervexa. Un clube que deu o salto con gran ilusión, consigueu saborear as meles do éxito e ser recoñecido no seu concello e no fútbol costeiro, para anos máis tarde sufrir a decadencia e a desaparición. Dani Rosalía, un dos membros daquel gran equipo, axúdanos nesta edición de Fotos do Recordo a lembrar a un equipo que quedou para sempre retratado no fútbol costeiro, fotograficamente e historicamente como participante do mesmo e como campión da 3ª da Costa e do que tamén vos traemos unhas fotos dun Muxía-Independiente da tempada 2012/13 no Municiapl da Arliña, (Muxía).
Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 35.000 visitas nun só día. Recomendamos sempre ver mellor as fotos e a propia web en ordenador ou similares, mellor ca no mobil, xa que o formato é moito mellor.
Na foto de esquerda a dereita por arriba : Miguel, Rafa, Fran, Ivi, Mario, Benítez, Cholo, Da Silva, (adestrador), Velo, Carlos, Iván e Scott. Abaixo de esquerda a dereita : Suso Noya, Castro, Moreno, Michel, Toni, Brais, Juni e Dani Rosalía.
Hoxe en dia, cáseque todolos membros deses equipo están “retirados”, agás algún que outro que se adica a xogar noutros clubes, adestran ou cambiaron de deporte por hobbie. Ivi segue en activo no fútbol nos veteráns. Juni adestra ó SD Coristanco e Mario xogador do equipo coristanqués. Choll estivo ata a tempada pasada no UD Cerqueda, Manu Guillamet no Sporting Zas, Castro nos veteranos, Da Silva entrena dirixe o Sporting Seaia CF da 3ª da Costa, e resto optaron pola pesca deportiva, ciclismo, saír a correr, ximnasio, futsal…
Danir Rosalía : “O club despois de xogar moitos anos na “Liga de Peñas de Carballo”, tomamos a decisión de probar unha nova andadura federándonos. A base do equipo seguía sendo a mesma, con algunha fichaxe máis, sendo desta maneira, e poder xogar como locais no “Municipal de As Eiroas”, en Carballo. A nova andaina comezou o 21 de Xullo do 2010, e o debut foi contra o UD Corcubion con empate a uns, (1-1). Logo de duas duas tempadas de “proba” conseguimos o ascenso a Segunda Rexional como campións da Terceira da Costa, tras unha dura loita co CF Porteño. O nome do ekipo xurdiu porque non tiñamos moito apoio “deportivo” no pobo. E o escudo, é unha copia do do Independiente de Avellaneda arxentino.
O mellor, coma sempre, viña despois dos partidos, nos que nos xuntábamos a gran maioría a recuperar “forzas” na cerveceria “Boa Estrela”, que ademáis era o noso patrocinador, así como as ceas e comidas, como din agora, para facer grupo.
A etapa máis triste…da euforia de debutar en Segunda Rexional a desaparicion do clube. Todo veu por mor, coma case sempre, das derrotas, de pasar de gañar moitos partidos a tempada anterior, nesta nova andaina non foi así, e isto refrexouse nos ánimos do equipo, empezando a “caida” por falta de xogadores nos adestramentos, motivo que propiciou que pasásemos de adestrar dous dias a semana a un…de pasar a dar convocatorias a ir xogar con 11, 10, 9, e incluso 8 xogadores, tendo fichas dabondo para que esto non ocorrese, e outros motivos. Ata que un fin de semana que tíñamos que ir xogar a Muros, e non fumos quen de xuntar xente para poder presentarnos ó partido, esa foi a gota que colmou o vaso, e tomámola decisión de dar a baixa federativa ó club. Moi dolorosa, porque tivemos que facelo na primeira volta, así foi todo…sempre nos quedará FORZA IDC!!!”.
-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).
Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.
-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es
-Colaborou : Dani Rosalía
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.