FOTOS DO RECORDO : “FS AS BALEAS 2009/10″…”UN EQUIPO QUE SEGUE APORTANDO TALENTO”

 

FS As Baleas Benxamín 2009/10

 

Aquí tedes para a lembranza a convocatoria dun equipo dos benxamíns do FS As Baleas da tempada 2009/10 no Campo d´Arliña de Muxía, un equipo que segue aportando talento na costa e noutros lares. A escola deportiva FS As Baleas naceu no 2003 coma un proxecto particular para paliar a falla de fútbol base no Concello de Camariñas, saeu do fútbol sala escolar, e pasou ao céspede, sendo o xerme para moitos equipos, tanto do territorio camariñán como do fútbol costeiro e galego. Da man de Vicentiño como presidente e adestrador e da axuda de xente coma Faustino, (man dereita dél), ou José Manuel Gerpe, (outro dos fundadores da escola deportiva), ou nos derradeiros anos Lorena Castro, así como a inextimable axuda de pais e nais de xogadores, conseguiron poñer o clube na palestra do deporte costeiro e galego. Fai un par de anos ata fixeron unha incursión no fútbol senior, por primeira vez na sua historia.

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Pablo Mouzo, Edgar Lemus, Lucas Dios, Javier Valencia, (porteiro), e Adrián Bardanca. De esquerda a dereita por abaixo :Jorge Vázquez, (porteiro), Brais Alonso, Brais Tajes, Pablo Suárez, e Joseba Rodríguez.

Acualmente están todos xgando en diferentes equipos, danto da costa como de fora : Brais Alonso e Pablo Suárez no FC Camariñas, campión esta tempada da 3ª da Costa. Pablo Mouzo, no CF Dumbría da 1ª Galicia G2, Brais Tajes e Javier Valencia no Ural CF. Edgar Lemus e Joseba Rodríguez, no CF Porteño da 3ª da Costa, este último comezou a tempada no FC Camariñas, para logo irse o equipo da Ponte do Porto. Adrián Bardanca fixo a pretempada no FC Camariñas e o marchar seus pais a Barcelona tivo que emigrar e xoga alí no Ponente. Lucas Dios, xogaba nos xuvenís do SD Soneira. Jorge Vázquez no SD Fisterra da Preferente Norte. Destacar que nesta foto, non están o non xogar ese encontro, e eran da plantilla daquel ano, Brais Blanco, que xogou nas Baleas ata cadete e Fran Carril.

 

Se cadra poido ter algunha lagoa, cando poña fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou no whatsapp da web, (626 72 00 47).

 

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

Nas fotos que saen nenos nenos o ser menores de idade, se algún pai, nai ou titor non desexa que seaia o seu fillo ou protexido, que se poña en contacto connosco e sacarémolo da foto.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Faustino/Vicentiño

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.