FOTOS DO RECORDO : “FISOBER FSF 2009/10″…”CLUBE REFERENTE DO FUTSAL E O FÚTBOL FEMININO DA COSTA”

Fisober FSF 2009/10

 

Aquí tedes para a lembranza a convocatoria dun equipo do Fisober FSF da tempada 2009/10 no Pavillón Polideportivo de Muxía, duns Cuartos de Final da Copa ante o Mabegondo FSF, un 24 de Maio do 2010. O Fisober FSF, é sen dúbida o equipo referente e responsable de que hoxe en día haxa na costa tanto equipos de futsal feminino, coma de fútbol campo, xa que dunha maneira ou outra o clube fisoberista foi o primeiro, e o que acadou as máis altas cotas, comezando dende o máis baixo, un grupo de amigos/as, que chegaron ata a 2ª División Nacional Feminina, e acadando numerosos éxitos. O clube naceu no 2004, con Fran “Pioto” como presidente e a inextimable axuda do noso colaborador Luis Sambad, xefe de prensa do clube. O nome do clube é a unión das duas primeiras letras das bisbarras de FIsterra, SOneira e BERgantiños, bisbarras das que eran os compoñentes do mesmo. Chegou a ter moitos anos equipo “B” e equipos de base, femininos e mixtos, contando na actualidade con 6 equipos de base, 4 femininos e pro primeira vez 2 masculinos, que xogan nas ligas galegas.

 

Secuencia do Fisober-Mabegondo da Copa Provincial do 2010.

 

PALMARÉS OFICIAL

2008-09
-Finalista Copa Provincial
2009-10
-Ascenso a Autonómica
-Campión Copa Provincial
2011-12 
-Campión autonómico e acenso 2ª División Nacional
-Finalista Copa Autonómica
-Finalista Campionato de España de Clubs
2015-16
-Finalista Copa Deputación
-Campión 1ª Copa da Costa
2016-17
-Campión 2ª Copa da Costa.

 

Na foto de portada de esquerda a dereita por arriba : Paula, Barca, Elsa, Patri, Fran “Pioto”, (adestrador). Abaixo de esquerda a dereita : Alba, Ana, Eva, Andrea e Olalla

Na actualidade : Paula non xoga, Barca adícase o atletismo e ciclismo, Elsa, no Viaxes Amarelle FSF da Provincial, Alba, non está xogando, Ana Mouzo continúa no Fisober, ademáis adestra os infantís e cadetes masculinos do Fisober e adestradora da Selección da Costa Alevín con Dani Costa. Eva trocou ao Fútbol Gaélico, Andrea está en Inglaterra traballando, Olalla xa non xoga e Patri Romaní está no  Viaxes Amarelle FSF da 2ª División Nacional. Fran “Pioto” adestrador de infantís e cadetes femininos do clube e xoga no FS Villa de Cee da Preferente Galicia Norte Masculina, ademáis é coordinador das Seleccións da Costa de Fútbol Sala.

 

 

Patri Romaní xoga na 2ª División tamén ca ex-fisoberista Inés Suárez.

 

Ana Mouzo, toda unha vida no Fisober FSF.

 

Se cadra poido ter algunha lagoa, cando poña fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47). Agradecer a enorme colaboración para completar este artigo de lembranza a Fran “Pioto”.

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Fran “Pioto”

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.