FOTOS DO RECORDO : “EQUIPO INFANTIL DO SPORTING ZAS, (2009/10)”

Sporting Zas Infantil 2009/10

 

Tan só hai 3 xogadores en activo desta convocatoria do Sporting Zas da categoría infantil, que xogaban no “Campo d´Arliña” na tempada 2009/10. Na foto os tres están na parte de abaixo, (de esquerda a dereita) : Rubén, (1º ), Andrés, (4º) e Dani, (5º). Todos eles continúan actualmente nas filas do Sporting Zas, xogando no equipo senior da Liga da Costa. O resto dos rapaces na actualidade non xogan o fútbol.

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Diamantino (Delegado), Ternande, Bruno, Alberto, Pablo, Tivoli, (porteiro), e Rojo, (Adestrador). Por abaixo : Ruben, Roi, Iago , Andrés, Dani, e Sito.

Podo ter algunha lagoa, cando poña fotos do recordo. De ser así lembrademe o que sexa no correo ou whatsapp da web.

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente co dominio : .com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole. Tamén podedes facernos algunha petición dalgún encontro, e na medida do posible poñerémolo.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies