FOTOS DO RECORDO : “EQUIPO ALEVÍN DO CABANA SD, (2010/11)”

 

Cabana SD Alevín 2010/11

Aquí tedes a lembranza dun equipo dos alevíns do Cabana SD da tempada 2010/11 no Campo d´Arliña de Muxía, equipo que foi xerme dun equipo que faría as delicias dos cabaneses nos infantís gañando e disputando títulos ata ofinal das ligas da man do adestrador coristanqués, Fernando Mato. Deles a metade non xogan actualmente o fútbol e continúa, Darío, (1º por arriba a dereita), que xoga de porteiro no UD Cerqueda, Stefan, (2º pola esquerda-abaixo), que xoga no SD San Lorenzo, ambos na Liga da Costa competición na que tamén xogán : Nando, (3º pola esquerda-arriba), e Stiven, (3º por abaixo-esquerda), ambos continúan no Cabana SD. Dani Barca, (5º pola esquerda-arriba), que xoga no Laracha CF da Preferente Norte. O resto deixou o fútbol, e caso especial fora o de Jorge, (1º pola esquerda-abaixo), que tivera que deixar os seus compañeiros o marchar ca sua familia para o Brasil.

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Dario, Veiga, Nando, Martín, Dani Barca, Miguel. Por abaixo de esquerda  a dereita : Jorge, Stefan, Stiven, e Álex.

Se cadra poido ter algunha lagoa, cando poña fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Fernando Mato

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.