FOTOS DO RECORDO : “EMF VIMIANZO BENXAMÍN E ALEVÍN 2010/11″…”FORNO DE CAMPIÓNS”

 

A Escola Municipal de Fútbol Vimianzo, é unha das 4 escolas de fútbol e fútbol sala máis relevantes da Costa da Morte, xunto coa EFB Corcubión, ED Os Miúdos de Muros e o FS As Baleas de Camariñas. Son as 4 que non pertecen a ningún clube e neste caso é a única municipal das tres. Son moitos os rapaces que pasaron pola escola vimiancesa e que primeiro foron campións no seu crecemento como futbolistas da man de Paco Oreiro e Fato e despois en numerosos equipos da costa e galegos. Na actualidade estes rapaces que na sua maioría ou son maiores de idade ou superan esa idade, están a competir en equipos da 3ª da Costa, Liga da Costa ou 1ªGalicia, así coma nos xuvenís. Na sua grande maioría están en activo, e destacar a un deles por tratarse dun que segue no mundo do fútbol pero noutra faceta distinta como é Crístian, que xirou no deporte ao mundo da arbitraxe.

Para todos eles vai este recordo de fai 10 anos, para dous equipos que xa de nenos acostumáronse a levantar copas de campións eseano e os seguintes.

 

EMF Vimianzo Alevín 2010/11

Arriba de esquerda a dereita : Luis, (CF Porteño), Espi, (CF Porteño), Javier Oreiro, (CD Baiñas), Martín. Os adultos : Paco Oreiro, (Adestrador) e Fato, (Delegado). Abaixo de esquerda a dereita : Alberto, Damián, (CD Baiñas), Jose, David (CD Baio).

Antre parénteses os equipos nos que xogan actualmente. Os que non pon nada son os que non están a xogar actualmente.

 

                                                      EMF Vimianzo Benxamín 2010/11

Na foto : De esquerda a dereita por arriba : Bryan, Manuel, Adrián, (Dumbría Xuvenil), Álex, (Muxía CF), Juan José. Os adultos : Paco Oreiro, (Adestrador) e Fato, (Delegado). Agachados de esquerda a dereita: Raúl, (Soneira Xuvenil), Sergio, (Soneira Xuvenil), Borja, Christian (árbitro).

 

Antre parénteses os equipos nos que xogan actualmente. Os que non pon nada son os que non están a xogar actualmente.

Un equipo que foi todo un campión xa que foi  campións da : Liga Costa Futbol 8,  Copa Costa Futbol 8, Liga Costa Futbol Sala Base, Campións Intercomacais Futbol Sala e Subcampións das Provinciais Futbol Sala.

 

Se cadra poido ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es/Paco Oreiro

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

 

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies