FOTOS DO RECORDO : “EFB CORCUBIÓN INFANTIL 2013/14″…”ESTIRPE DE CAMPIÓNS”

 

 EFB Corcubión Infantil FS 2013/14

 

Na foto : Os rapaces, (hoxe en día todos maiores de idade), de esquerda a dereita por arriba : Fabio, (xoga actualmente no Club Silva da 3ª División), Sergio, (non xoga), Carlos, (UC Cee da Liga da Costa). Por abaixo de esquerda a dereita : Luis Lojo, (UC Cee), Jon, (no xoga), Martín, (UC Cee), Adri Garea, (Voleivol Dumbría).Os adultos de esquerda a dereita : Martín Toja, Carlos Pazos, (Coordinador da EFB Corcubión) e Cali Lojo.

Antre parénteses os equipos nos que xogan actualmente. Os que non pon nada son os que non están a xogar actualmente. Seguen todos en activo menos dous, ainda que Jon a pasada tempada xogaba no UC Cee.

A EFB Corcubión, unha das máis antiga das 4 que temos na Costa da Morte xunto coa EFB Vimianzo, FS As Baleas de Camariñas e ED Os Miúdos de Muros, poderíamos sumar a estas a EMF Muxía, unha das máis antigas, que ainda xoga en fútbol sala, e que xogaba no fútbol campo, pero xa baixo as siglas de Muxía CF, ainda que os adestradores eran municipais, ata fai uns anos que o clube muxián se fixo cargo dos equipos xerminais.

O EFB Corcubión do 2013/14 é sen ningunha dúbida un equipo cunha estirpe de campións. Estes rapaces foron campións Liga de Fútbol Sala Base “Costa da Morte”, Campións Intercomacais Futbol Sala e Campións da Provincial Futbol Sala. Ademáis todos estes rapaces formaron parte do UC Cee Infantil campión da Liga Infantil 2013/14.

Se cadra poido ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es/Carlos Pazos

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies