FOTOS DO RECORDO : “EF CONCELLO DE CARNOTA INFANTIL 2009/10″…”NA MEMORIA DE ISMA SANLI E SUA IRMÁ AINARA”.

 

Isma Sanli, (esq), no Campo d´Arliña, (Muxía) na 2009/2010.

 

Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos o Escola de Fútbol Concello de Carnota Infantil 2009/10, un equipo no que militaba Isma Sanli Cambeiro ,e que nun mes xusto, (11 de Xuño), fará 2 anos que nos chegaba a primeiras horas da tarde, a triste, e o mesmo tempo dramática nova de que falecía xunto ca sua irmá Ainara, nun accidente de tráfico a saida de Caldebarcos en dirección Muros. Unha nova que encheu de pena e de loito a todo o fútbol da costa, e a propia xente dos pobos Costa da morte, xa que ademáis de ser coñecido o rapáz futbolisticamente, a xuventude de ambos, (19 e 14 anos), e as circunstancias, fixeron que a nova se cargase do inmenso dramatismo que tivo para todos. Fai uns días facíamos un “In Memoriam” do senegalés do Muxía CF, Abdoulaye Fall, e desta volta, como non podía ser doutra maneira, vai adicado este artigo a memoria, de Isma e Ainara, (D.E.P.), pois ademáis Isma era un asiduo usuario de piratasdemuxia.es dende moi neno, e aquí recordámolo xunto aos que fOron os seus compañeiros, nun encontro en Muxía da tempada de infantís 2009/10.

 Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 35.000 visitas nun só día. Recomendamos sempre ver mellor as fotos e a propia web en ordenador ou similares mellor ca no mobil, xa que o formato é moito mellor.

 

Escola de Fútbol Concello de Carnota Infantil 2009/10

 

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Juan (non xoga); Ánxo (Taekwondo en alta categoría); Santi, (CF Lira); Jano, (Volantes de Baño CF), Aarón (Pesca); Yerai (UD Monte Louro); Borja (UD Monte Louro); Eloy, (SCDR Esteirana); Alfredo Cambeiro (Adestrador). Abaixo de esquerda a dereita : J. Pedro, (non xoga); Josema, (UC Cee); Isma Sanli, (deixounos en accidente de tráfico); Javi (CD Muros); e Gael, (!)

Cáseque 11 anos despois, a grande maioría destes rapaces surten a equipos da zona sur da costa, coma o Volantes de Baño CF da 1ª Galicia G2, coma o CD Muros, UC Cee, e SCDR Esteirana da Liga da Costa, ou ao UD Monte Louro da 3ª da Costa. Destacar o troco de Ánxo que tornou ao Taekwondo e compite nunha categoría alta, ou a Aarón que trocou pola pesca. O adestrador Alfredo Cambeiro que participou nos mellores anos da EF Concello de Carnota non adestra nesntes intres, pero segue a ser un dos adestradores máis contrastados do ámbito costeiro e que é un dos xogadores míticos da mesma.

Alfredo Cambeiro : “Este foi un equipo con limitacións de efectivos pero de gran recordo. Un grupo que o daba todo,  moi unido e traballador, que estaba en pleno crecemento”.

 

Isma Sanli no centro da foto.

 

 

.

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Cambeiro

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.