FOTOS DO RECORDO : CORME CF XUVENIL 2010/11 : “O CORME DO DOBRETE”.

Corme CF Xuvenil 2010/11

 

Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos o Corme CF Xuvenil 2010/11. Un conxunto que fixo historia no clube cormelán acadando o dobrete, Liga e Copa e do que sairon  moitos grandes xogadores e cunha entrega as suas cores impresionante, xa que tódolos rapaces xogaron toda a sua carreira no clube do Roncudo, dende nenos e ata o equipo senior, no que ainda xogan a maioría deles e os que non xogan é que xa se retiraron ou xogan nos Veteranos.

Colabora connosco na confección deste artigo de recordo, Suso da Torriña, un dos grandes persoaxes da historia do clube cormelán.

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Javi, Alejo, Martín, Chino, Jesús, Jorge, Pandi, Fran, e  Manuel Genaro, (adestrador). Abaixo de  esquerda a dereitaDani, Lucas, Darío , Mauro, Eloy , Sergio e Joshua.

Suso da Torriña : Lucas, Pandi, Jesús e Alejo, son pezas importantes no Corme CF actual, que acaba de ascender a 1ª Galicia G2. O resto fórono deixando despois de pasar casi todos eles polos maiores, sin chegar a xogar ningún deles en outros equipos salvo Darío que pasou por varios equipos da zona.Todos eles matan o gusaniño participando os fins de semana na Liga de Fútbol Sala de Corme. Manuel Genaro retomou este ano a actividade como segundo entrenador nos cadetes do At. Arteixo.  

 

 

 

 

 

 

 

Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tóolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 40.000 visitas nun só día. Recomendamos sempre ver mellor as fotos e a propia web en ordenador ou similares, mellor ca no mobil, xa que o formato é moito mellor.

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Fran “Pioto” e Faustino.

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies