FOTOS DO RECORDO : CORME CF INFANTIL 2012/13 : “A COCIÑA DE XOGADORES DO CORME CF ACTUAL”.

 

Corme CF Infantil 2012-13

 

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Martín, Noel, Manu, Pandi, Javi, Roque, e Tasende. Por abaixo de esquerda a dereita : Isra, Antonio, Alex, Yago, e Hugo.

Actualmente todos seguen no Corme CF, agás : Isra, que xoga no Bergantiños CF e Pandi e Roque que deixaron o fútbol tras completar a base no equipo cormelán. Eran adestrados naquel intre da foto por Moncho Bermúdez e Tasende, que con eles sumaron numerosos éxitos para o clube do Roncudo, e co cariño de Suso da Torriña, sempre o seu carón.

Foi este un equipo a “cociña” de xogadores para o actual Corme CF que loita por todo na Liga da Costa, un conxunto o dos infantís do 2012/13 que se foi facendo dende as categorías primarias e no que faltaban ese día, Samu Costa, Fran e Mauro e o que se foron sumando xogadores importantes coma Aitor, e Eloy. Pouco a pouco e sen moitas variacións o longo dos anos foron gañando títulos en infantís, cadetes e xuvenís, xogando fases de ascenso, (foi o premio que lles faltou de conseguir o salto de categoría), e levantando copas e xa en idades moi tempranas, combinando aparicións no equipo senior. Nesta foto hai que suliñar que ese ano o equipo estaba confeccionado con 4 infantís, e o resto alevíns e incluso algún benxamín, o que deu o froito de perdurar moitos anos o conxunto o ter variacións mínimas ata acabar a fase de canteira base.

 

De esquerda a dereita : Fran, (MuxíaCF), Roque, (Corme CF) e Martín, (Corme CF).

 

 

De esquerda a dereita : Chindo, (Muxía CF), Tasende, Moncho Bermúdez, (adestrador), Manu, Noel, (8), Álex, (Muxía CF), Pandi ,Javi e Roque.

 

Javi Bermúdez conducindo o balón.

 

Manu Bermúdez, (esqu) e Tasende.

 

Tasende superando o intento de corte de Álex, (MuxíaCF).

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Javi Bermúdez

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.