FOTOS DO RECORDO : CF PORTEÑO-SD CAMELLE 2012/13″…”DERBI DUNHA TEMPADA DE ASCENSO PARA PORTEÑOS E CAMELLÁNS”.

 

CF Porteño 2012/13

 

Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos un derbi dos grandes da Costa, un CF Porteño-SD Camelle da tempada 2012/13, con moito en xogo. Dous equipos que loitaron polo título da 3ª da Costa que finalmente gañaría o Independiente de Carballo, co CF Porteño subcampión, e o SD Camelle, terceiro. Logo na fase de ascenso os camelláns acadarían o ascenso deixando na cuneta a SD Laxe e UD Cerqueda. Ademáis ambos equipos disfrutaban do novo tepe e gradas do “Campo da Grixa”, (Ponte do Porto).

Este artigo vai adicado ao ex xogador do SD Camelle, Javi Rañal, que no día de onte perdía o seu pai, (D.E.P.). O noso maior pésame por esta enorme perda, e o acompañamento no sentimento para Javi, integrante deste SD Camelle, e que sae nas fotos.

Colabora connosco na confección deste artigo de recordo, José Gerpe que daquela era o adestrador do CF Porteño e Ángel Carballo “Pupus”, do SD Camelle.

Na foto do CF Porteño de esquerda a dereita por arriba : Gerpe, (era o adestrador, na actualidade non adestra), Pablo Novo, (FC Camariñas), Sestayo, (retirado), Yago, (retirado), David Toja, (Veteranos CF Porteño), Parga, (“Conservas Boya” de Balonmán), Pejo (CF Porteño). Abaixo de dereita a esquerda : Óscar, (árbitro), Maikol, (CF Castrelo), Mario Toja, (retirado), Cousillas, (retirado), e Ismael, (Veteranos CF Porteño).

Antre parénteses a situación actual dos xogadores. Destacar a Óscar que deixou o fútbol na parte de darlle o balón para adicarse a arbitraxe e Parga que optou polo balonmán a nivel nacional no “Conservas Boya” de Camariñas.

 Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 35.000 visitas nun só día. Recomendamos sempre ver mellor as fotos e a propia web en ordenador ou similares, mellor ca no mobil, xa que o formato é moito mellor.

 

SD Camelle 2012/13

 

Na foto de esquerda a dereita por arriba : José, (Diretivo), Purrua, (emigrado en Suiza), Matías, (SD Ponteceso), Valiña, (retirouse ese ano no Camelle), Carlos “Dido”, (SD Camelle), Sergio, (non xoga), Mauricio, (retirado). Por abaixo de esquerda a dereita : Mario, (eterno capitán no SD Camelle), Felipe Barreiro, (SD Camelle), “Jati”, (SD Camelle, retirase este ano), Miguel Ribeiro, (SD Camelle, retirase este ano), Javi Rañal, (Xoga na Liga da Coruña).

Antre parénteses a situación actual dos xogadores daquel SD Camelle no que varios seguen a dar o callo e que están na promoción de ascenso a Liga da Costa como acontecera aquel ano. O daquela adestrador Ángel Carballo “Pupus”, desta volta está de segundo de José Manuel Ordóñez, curiosamente dous porteños nas filas do equipo rival deste RECOROD e nese ano pola liga e este ano na 3ª da Costa como daquela. “Pupus” sobre aquel SD Camelle opina que foi : “O mellor Camelle en moito tempo”. Mencion especial a afección camellana que si que non variou e segue sendo das mellores da costa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Javi Rañal

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : José Gerpe e Ángel “Pupus”

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies