FOTOS DO RECORDO : CF MAZARICOS XUVENIL 2013/14 . “CANTEIRA CUMPLIDORA″.

 

CF Mazaricos Xuvenil 2013/14

 

Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos un CF Mazaricos Xuvenil 2013/14. Un equipo duro de batir que era adestrado por Alinhos Romero, nun encontro no Municipal do Conco ante o CF Dumbría que gañaría todo ese ano. Curioso o deste equipo no que tódolos que están actualmente en activo, despois de 7 anos destas fotos, continúan no CF Mazaricos, ou ben sexa no de fútbol, ou no de futsal. Polo tanto un grupo cumplidor co que clube que os formou.

Colabora connosco na confección deste artigo de recordo, Jorge Villar “Gorrión”, colaborador habiturla da nosa web en todo o concernente ao CF Mazaricos e no deporte do Concello de Mazaricos.

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Samuel, (non xoga), José Ángel, (CF Mazaricos e Mazaricos Futsal), Chumiko, (CF Mazaricos), Samu, (non xoga), Carpinteiro, (non xoga), David, (non xoga), Turrión, (non xoga), Canario, (non xoga).  Abaixo de dereita a esquerda : Rubén de Oreiro, (non xoga), Bruno, (non xoga), Carreira, (CF Mazaricos Futsal), Bieito, (Mazaricos Futsal), Licerino, (non xoga), Borja, (CF Mazaricos), Tiago, (non xoga), Chiki, (non xoga).

Antre parénteses a situación actual dos xogadores.

 

 Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 35.000 visitas nun só día. Recomendamos sempre ver mellor as fotos e a propia web en ordenador ou similares, mellor ca no mobil, xa que o formato é moito mellor.

 

 

 

 

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Jorge Villar “Gorrión”

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies