FOTOS DO RECORDO : CF DUMBRÍA INFANTIL 2010/11 : “EQUIPO CAMPIÓN SURTIDOR DE CAMPIÓNS”.

 

CF Dumbría 2010/11

 

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Brais, (2º adestrador e delegado), Andres, (SD Fisterra), Abel, Crístian, Samuel, Duarte, Pedro, Juan de Dora, (SD Fisterra), é Ángel López, actualmente adestrador do SD Fisterra). Abaixo de esquerda a dereita: Asier, Canario, (CF Dumbría), Edu, (Muxía CF), Maikel, (FC Camariñas), Marco, Kawa, e Bruno, (FS Villa de Cee).

Antre parénteses os equipos nos que militan hoxe en día na categoría senior, pois son rapaces que hoxe en día andan antre os 22 e os 23 anos. A algún perdémoslle a pista, pero se sabedes onde xogan podedes comunicárnolo e sumarémolo o artigo.

Este foi un equipo infantil do CF Dumbría que fixo historia e do que sairon varios dos rapaces que seguiron facendo historia en cadetes e xuvenís dos dumbrieses, e que hoxe están en equipos de primeiro órde tanto na 1ª Galicia G2, coma na Preferente Norte. Deles o único que trocuo de modalidade foi o porteiro Bruno, hoxe en día no FS Villa de Cee da Preferente Galicia Grupo Norte de Fútbol sala. No clube dumbriés só perdura 10 anos despois “Canario”, no equipo senior que milita na 1ª Galicia G2 e loitando por todo.

Aquel equipo infantil de fai 10 anos, quedara campión de liga invicto, con 21 encontros gañados e 3 empatados e sumando 201 goles a favor e tan só 12 en contra. Destacaron na faceta goleadora esa tempada Juan de Dora hoxe en día na SD Fisterra, tras chegar do SD Sofán, e Edu, hoxe en día no Muxía CF da Liga da Costa. Ambos sumaron 40 goles cada un.

Ángel López, que colabora connosco tanto na confección deste artigo coma dende sempre nos equipos polos que pasa, adestrador que fixo historia no CF Dumbría e que a segue a facer no equipo da sua terra o SD Fisterra coméntanos daquel equipo que : “Cristian,central de Baiñas era o capitán, o que poñia o respeto. Juan de Dora e Edu pasaron dos 40 goles cada un. Canario neste equipo era extremo esquerdo. Abel do Louro era o pulmon do equipo e Pedro, era o máis “bago”, pero era meu olliño dereito, polo ben que vía o fútbol. Andrés era o máis novo, pero xa apuntaba maneiras, e lémbrome que Duarte de Cee subía pola banda coma Cafu…que recordos!!!”.

 

Maikel controlando o balón observado por Abel.

 

Crístian, (esq), presionado por Kiko, (Muxía CF)

 

De esquerda a dereita : Duarte, Mario “FT”, (Muxía CF) e Edu.

 

De esquerda a dereita : Abel, Josiño, (Muxía CF). Edu e Huchiño, (Muxía CF).

 

De esquerda a dereita : Jose “Ancho”, Hugo, (porteiro), Mario “FT”, Ánderson,

Paulo e Juan de Dora, (CF Dumbría).

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Ángel López

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.