CF Castrelo 2012/13
Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos o CF Castrelo 2012/13, no ano da sua fundación nun encontro no 2012 no Campo da Arliña, (Muxía), na 3ª da Costa xogando ante o Muxía CF. O equipo vimiancés da parroquia de Castrelo, e feito con xente do municipio e achegados, tomou as cores do Depor o ser a maioría dos xogadores deportivistas. Hoxe en día e dende fai uns anos deixou as cores cas franxas branquiazuis coas que comezou para tomar unha camiseta branca cunha franxa, antre o peito e os hombreiros, azul marino e azul deportivista. A mesma que utiliza o Atalanta FC da Seria “A” italiana.
Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 35.000 visitas nun só día. Recomendamos sempre ver mellor as fotos e a propia web en ordenador ou similares, mellor ca no mobil, xa que o formato é moito mellor.
Na foto de esquerda a dereita por arriba : Diego, (directivo), (co fillo do porteiro Roberto), Roberto, (non xoga), Estebo, (xogador e home para todo), Litos, (retirado), Jota, (gardia civil en Vimianzo), Manolo Caamaño, (por mor de molestias nos xeonllos retirouse), Cesar, (retirado), Luis Roget, (o “todoterreno”, sigue en activo ata que España gañe unha bota de ouro). Abaixo de dereita a esquerda : David Caamaño, (SD Camelle), Andrés Pose, (retirado), Kevin, (retirado), David, (retirado), Manolo Insua, (retirado, era o presidente, xogador, e o que fixera falla), Bolli, (retirado). Na foto dese encontro falta David Edreira que chegara co encontro xa comezado o traballar na Parrillada “Edreira”, daquela do seu pai, hoxe en día rexentada por él. O adestrador naquel entonces era Roberto.
Antre parénteses a situación actual dos xogadores daquel histórico CF Castrelo, que despegou nesa tempada e que segue a competir na 3ª da Costacon Estebo a cabeza que fai as veces de presidente e xogador e que nos comezos era un dos xogadores do plantel.
David Edreira : O equipo naceu nun “pique” de que se Baiñas ía facer equipo nós tamén, un día da semana no Bar “París” de Castrelo e querían que se xogase con xente da casa, da contorna. Os inicios non foron doados en especial pola falla de cartos. O que máis eo que menos todo máis xogara pachangas ou fútbol sala. O primeiro ano no aspecto deportivo foi espectacular. Éramos un grupo extraordinario, unha piña, ainda que nos golearan, todo eran sorrisos e acabábamos de cañas. Naqueles tempo anédotas houbo a montóns. Gañamos o primeiro punto ante o Xaviña na primeira volta, fora un 3-3, e esa noite a festa foi campal. Lembro aqueles encontros de rivalidade co Baiñas e o ambente tan especial nos encontros co Camelle, que parecía que xogábamos na casa”.
Estebo : “O primeiro encontro que gañamos foi co desaparecido Xaviña por 0-2 e despois fomos todos a Parrillada Edreira para que pagase David Edreira a churrascada que prometera se gañábamos un partido e a festa foi criminal ata as tantas da madrugada, coma se gañásemos un título. Fora un Domingo e o día seguinte día había que traballar pero eso non importou”.
-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).
Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.
-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es
-Colaborou : David Edreira
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.