FOTOS DO RECORDO : “CD BAIO BENXAMÍN E ALEVÍN F7- 2009/10″…”CANTEIRA CON FUTURO”.

 

CD Baio Benxamín F7-2009/10

 

Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos os equipos de benxamín e alevín do CD Baio 2009/10, nun encontro disputado no Municipal da Arliña, (muxía) no inverno do 2009 ante o Muxía CF alevín e benxamín, daquela ainda baixo a denominación de Fútbol 7 a competición que ainda non era federada, pero que gozaba dunha orgañización exquisita.

 Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 35.000 visitas nun só día. Recomendamos sempre ver mellor as fotos e a propia web en ordenador ou similares mellor ca no mobil, xa que o formato é moito mellor.

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Manuel Cedrón, (non xoga), Carlos, (CD Baio), Manuel María, (árbitro), Ariel, (árbitro e SD Ameixenda), Eloy, (non xoga), Santi Soneira, (era o adestrador, conserxe en Mondoñedo. Tiro con arco e fotógrafo CD Baio). Abaixo de esquerda a dereita : Raúl, (Cabana SD), Víctor, (non xoga), Samuel, (non xoga) e Manuel, (non xoga).

A maioría dos rapaces do equipo benxamín desta tempada hoxe en día xa non xogan, a excepción de Carlos que continúa no CD Baio e Raúl no Cabana SD. Manuel María e Ariel optaron pola arbitraxe e este último xogou no SD Ameixenda da 3ª da Costa. 

 

CD Baio Alevín F7-2009/10

 

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Marcos Fuentes, (era o adestrador, traballa en Cataluña), Fran, (CD Nantón), Javi, (CD Nantón), Martín, non xoga), Aarón, (non xoga), Santi Soneira, (era o 2º adestrador, conserxe en Mondoñedo). Abaixo de dereita a esquerda : Josiño, (CD Nantón), Clara, (non xoga), Julián, (CD Baio), Sergio, (CD Baio), Santi Moreira, (non xoga) e Manuel Cedrón (non xoga).

Antre parénteses tedes onde están actualmente.

Equipo moi produtivo, dez anos despois grande parte dos rapaces seguen a darlle o balón, con 3 que continúan no CD Baio e outros 3 que se asentaron actualmente a poucos quilómetros no CD Nantón. Santi Soneira, (adulto da esquerda), hoxe en día adícase o tiro con arco e ademáis é o fotógrafo do CD Baio.

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

 

 

 

 

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Santiago Díaz Videla e Santi Díaz Jr.

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies