FOTOS DO RECORDO : “CD BAIÑAS 2012/13″…”O NACEMENTO DUN GRAN CLUB”.

 

CD Baiñas 2012/13 

 

Seguimos traéndovos FOTOS DO RECORDO e desta volta temos o CD Baiñas 2012/13, nu ano da sua fundación nun encontro no 2009 no Campo da Arliña, (Muxía), na 3ª da Costa xogando ante o Muxía CF. Un novo proxecto que chegaba con moita forza para facerse un nome no fútbol costeiro da man de Juan Silva como presidente, ben acompañado de Víctor e Alfonso na diretiva e co ceense José Manuel “Pato” como adestrador. Costoulles adaptarse este primeiro ano pero xa deixaron constancia de que eran un equipo que non tardaría en dar o salto, como así foi.

 Na portada da web no “menú” quedan rexistradas tódolos artigos con FOTOS DO RECORDO para que poidades disfrutar delas cando queirades, como o fan en cada entrega por enriba das 20.000 persoas cando as colgamos, e nalgúns casos superando as 35.000 visitas nun só día. Recomendamos sempre ver mellor as fotos e a propia web en ordenador ou similares mellor ca no mobil, xa que o formato é moito mellor.

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Damián, (retirado), Luis Alvite, (voltou o Baiñas despois dun paso polo CD Baio e SD Ponteceso), Héctor, (CD Baiñas), Estiven, (CF Castrelo), Sergio “Crejo”, (adestrador do CF Castrelo e xogador do Sporting Zas de veteranos), Mario, (FS Villa de Cee).  Abaixo de dereita a esquerda :Simón, (Veteranos CF Dumbría), Crístian, (CD Baiñas), Fernando, (retirado), “Yanky”, (CD Muros), “Tasky”, (Diretivo do CD Baiñas e xogador dos veteranos do zasSporting Zas).

Antre parénteses a situación actual dos xogadores daquel histórico CD Baiñas. Na foto o ser a dun once incial faltan xogadores como : Samuel, Iván, Esteban, Sancho…

“Taky” : “Fora unha ilusión que tíñamos todos de facer un equipo no pobo. Reuníronse Juan, Víctor e Alfonso na directiva, e daquela eu estaba no UC Cee en Primeira Rexional con Luis, e Iván viña do Unión Vimianzo que se desfixera, e entre todos intentamos falar coa xente e formar un equipo. Recordo que en principio costounos bastante porque uns víñamos de arriba, e costábanos adaptarnos, e outros empezaban a xogar. Recordo que me lesionara no primeiro partido de liga, e creo e tardei en volver. Ficháramos a Yanky, xa ca liga empezada, e fora un ano que fóramos de menos a máis, pero que non puideramos pelear polo ascenso. Do partido que máis macordo foi na Copa contra o Outes CF que estaban facendo un fútbol moi bonito, e nos conseguimos eliminalo. Recordo tamén que o primeiro gol oficial o marcara Héctor, creo que no segundo partido de liga. Fora un ano de adaptación o que viría o ano seguinte que conseguiríamos o obxetivo do ascenso”.

 

 

 

 

 

 

 

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente “.com”), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : “Tasky”.

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.