FOTOS DO RECORDO : “CABANA SD INFANTIL 2009/10 : “CAMPIÓN INVICTO DE RAPACES QUE SEGUEN O PÉ DO CAÑÓN NO SEU CLUBE”.

 

Cabana SD Infantil 2009/10

 

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Vázquez, Santi, Diego “Cacha”, Samuel, Aurelio, José, Pablo e Alvarellos. Abaixo de esquerda a dereita : Pose, Dani Reigía, David, Álex, Raúl, Alberto, Ferreiro e Manoliño.

Actualmente a situación deste equipo de campións, que o foron de maneira invicta, así coma o ano anterior o Muxía CF e tras eles o CF Dumbría, é a seguinte : Vazquez, deixou este ano o futbol por culpa de sacar adiante unhas oposicións, Pedro, deixou daquela, Alvarellos, sigue no Cabana SD, (Liga da Costa), Sergio, (deixou), Pablo Pose, (Cabana SD), José, (Cabana SD), Pose, (Boimorto CF da Preferente Norte), Aurelio, (deixou), Samuel, (deixou por unha rotura de ligamento), Pabliño, (deixou), Santi, (SD Laxe da 3ª da Costa), Ferreiro, (Cabana SD), Manoliño, (deixou tras sufrir a rotura do bazo), Óliver, (deixou), Alberto, (árbitro na Zona de Santiago, deixou o Cabana SD tras unha lesion de xeonllo), David, (deixou por unha rotura de ligamento), Dani Reigía, (SD Laxe), Álex, (Cabana SD), Raúl, (Cabana SD), e Diego “Cachadiña”, (Cabana SD). Asimesmo, Fernando Mato actualmente adestra no Cabana SD.

O Cabana SD Infantil 2009/10 proclamouse campión de liga con 17 vitorias e 3 empates e como lle pasara o ano anterior o Muxía CF foi “atracado” na ase de Ascenso a Liga Galega”. En definitiva este grupo de rapaces foron unha canteira moi productiva para o Cabana SD, un dos equipos da costa que tira nun tanto por cento moi elevado da xente da casa, pois a grande maioría deles seguen no equipo no que creceron como xogadores e como persoas, e serían moitos máis de non ser as graves lesións que sufriron e que como é normal, fan que un se pense duas veces as cousas antes de volver. Case especial o de Alberto, que tras sufrir unha grave lesión, deixou o fútbol dende a parte de xogador para pasarse a outra banda do xogo como árbitro.

Fernando Mato adestrador daquela dos infantís e parte de moitos dos éxitos do Cabana SD na base lémbranos como fora aquela fase de ascenso na que foron “atracados” : “Xogouse a fase de ascenso contra o Boiro e os nosos rapaces tiñan unha excursión para o partido de volta, e daquela pedímoslle o Boiro adiantar a semana e aceptaron, pero chegamos a Boiro e o trío arbitral non apareceu e mandaron un árbitro de Boiro. Os 10 minutos xa nos quedábamos con 10 e indo o descanso perdendo 4-0, con 3 goles fora de xogo, de escandalo. No descanso recrimineille o árbitro, Rives, (que arbitraba fai uns anos nos Veteranos da costa e nun encontro recrimineille o que lle fixera os rapaces aquel día), díxenlle no vestiario que eran nenos de 11-12 anos e que os estaba roubando deportivamente, e na segunda parte, ca desfeita que nos fixera xa na primeira, vise o nivel duns e outros sen axudas. Eles non marcaron e nos fixemos un, e no partido de volta nos ganamos 2-0, e tendo 3 paus e varias ocasións falladas debaixo dos paus, e pasando eles cando nos eramos superiores. Logo quedaron eliminados co Calasánz por 0-7 e 9-0”.

 

Pose controla o balón ante a mirada de Santi.

 

Álex presionado polo muxián Mario e co apoio de Alberto.

 

Diego “Cacha”, (fono esqu), e Pose disputando un balón co muxián Esteban.

Fernando, (Muxía CF) e Santi o fondo.

 

Pose, (esq), en pugna do balón co muxián, Josiño, ca atenta mirada de Álex.

 

A hinchada do Cabana SD atenta a xogada antre o muxián, e o cabanés Samuel.

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaborou : Fernando Mato

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.