FOTOS DO RECORDO : ÁRBITROS DA COSTA 2011/12 : “HOMENAXE O ARBITRAXE MODERNO CON RAPACES COSTEIROS”.

 

Juan, Tarrelo, Iván e Julio no torneo de base do UC Cee do 2012.

Na foto de esquerda a dereita por arriba : Juan de Elvira, Javier Cives”Tarrelo”, Iván Bouzón e Julio Domínguez.

 

Desta volta nas “Fotos do Recordo”, queremos facerlles unha homenaxe aos árbitros da costa e traémosvos a 4 rapaces da costa, (hoxe con 8 anos máis), que combinaron o fútbol e a arbitraxe. Un grupo de rapaces que podemos considerar unha porción do xerme da arbitraxe moderna do fútbol costeiro, pois concretamente na tempada 2011/12 comezaron a aparecer en grande número rapaces que se decidiron pola arbitraxe, e que se incrementou ao de hoxe en día, cunha nutrida participación, que se acrecentou ca crise do 2008, que fixo que moita chavalada para sacar un peso se decidisen a dar o pase a parte do fútbol que ningún pai quería. Pero hai que ter en conta que as equibocacións neste caso trascenden do campo e o convivir a diario cos rapaces aos que lles arbitraches, en festas, eventos, nas propias vilas, as cousas non eran nada doadas as veces.

Juan de Elvira, lateral da rápido, cumpridor e de calidade, da vella garda da SD Fisterra, xogou toda a vida no clube do seu pobo dende a base e hoxe en día xa non se adica a arbitraxe, pero segue activo coma xogador do Arasolis CF, equipo creado esta tempada do fútbol veterano e que xa se proclamou campión da 1ª Galicia Veteranos G1 2Costa da Morte”, e co asecnso a falla de varias xornadas para o remate, (se se acaba).

Javier Cives “Tarrelo”, comezou a sua andaina no UC Cee de base, equipo da sua vila natal, para logo xa en idade adulta xogar co rival veciño o UD Corcubión. Na actualidade no arbitra en fútbol campo, pero sí se deixa ver nas pistas polideportivas, pois tamén practicou a arbitraxe do fútbol sala, tanto de base, coma masculino e feminino.

Iván Bouzón, ten unha dilatada carreira en diferentes equipos a pesares de ser moi xove. Comezou no UC Cee de cativo, xogou no CF Dumbría, tanto base coma senior. Tamén xogou no SD Compostela e actualmente, ainda que non xoga por unha fatídica lesión de fai uns meses no seu xeonllo, está neste grandísmo SD Fisterra que peta as portas da 3ª División. 

Julio Domínguez “Julito”, xogou na base no Conxo, SD Compostela e Calasánz, onde foi partícipe dos grandes éxitos deses equipos na base. Xa no fútbol senior foi xogador do UC Cee e SD Fisterra, cos que tamén sumou Copas e Ligas e actualmente é peza crave no SD Fisterra que como decíamos na historia de Iván, peta as portas da 3ª División, tras ascender o ano pasado a Preferente.

Julito que estivo na arbitraxe 4 anos, daquela época dinos que : “Hai de todo, pero foi a experiencia moi boa, xa que coñeces moita xente o único incombinte era a distancia de cando tiñas que ir pitar a zona da Coruña, que teñen outra maneira de vivir o fútbol, é xente menos comprometida, pero en xeral boa experiencia”.

 

Todos eles deixaron a arbitraxe, en especial cando chegou a norma de que non se podía arbitarr e ter ficha nun equipo. Pero é totalmente certo que xunto con outros que non saen aquí, pero para os que queremos que este artigo sirva de homenaxe, foron xerme da arbitraxe moderna na costa e que foi indo a máis e hoxe en día conta cun comité na subdelegación do Fútbl da Costa de Baio que dirixeo carballés Recarei, antes monxe que fraire.

 

Estas fotos foron dun brilante torneo de fútbol base que orgañizou o UC Cee no San Paio de Refoxos no mes de Xuño do 2012 o remate da tempada 2011/12 do fútbol 7, (daquela era así).

 

Iván Bouzón nun Muxía CF-EFB Corcubión

 

Julito nun CF Dumbría-SCDR Esteirana

 

 

Juan de Elvira nun Muxía CF-Cabana SD.

 

Javier “Tarrelo” nun Muxía CF-SD Fisterra

 

Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Colaboran : Julio Domínguez e Carlos Pazos.

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.