FOTOS DO RECORDO (2009/10) : “O MELLOR EQUIPO INFANTIL DA HISTORIA DO MUXÍA CF”

Muxía CF Infantil 2009/10

 

Co gallo do confinamento imos a recuperar o apartado “Fotos do recordo” que xa tivéramos na web vella e para iso imos a comezar cunha do mellor equipo da historia do Muxía CF na categoría infantil. Un equipo cunha plantilla moi curta o da tempada 2009/10 e que a pesares diso sumou tódolos encontros da sua liga vencendo, acabando cos 54 puntos en disputa, cun total de 18 vitorias en 18 xornadas, sumando 109 goles a favor e tan só 18 en contra. Dani Picallo con 60 goles foi o máximo goelador e marcaron tódolos xogadores agás o porteiro Brais.

Este equipo formábano, mirando a foto e de esquerda a dereita por arriba : Brais, (porteiro), Antonio,  Adrián Alcaina, Esteban, José Ramón, Dani Picallo, Diego, (adestrador). Por abaixo de esquerda a dereita : Víctor Alcaina, Santi “Maka”, Esteban, Juanjo, Paulo e Fabián. Faltan na foto de arriba dos que xogaban habitualmente Ismael Caamaño e Huchiño, (daquela Gerardo), que si están na de abaixo. Huchiño tanto xogaba de carrileiro coma de porteiro cando faltaba Brais. Nas labores de dirección tamén ten colaborado Fran “Pioto”, xa que o equipo era levado polo apartado deportivo do Concello de Muxía.

Chegou a xogar algún rapaz dos alevíns nalgún encontro para completar os 11, ou para suplente, xa que en varios encontros eran 10 ou 11 xustos. Na fase de ascenso foron totalmente atracados e despois de non sufrir nin unha soia expulsión en 18 encontros, previdas as arbitraxes, tiveron ata 3 expulsados antre os dous encontros que lles tocou ante o Negreira, quedando eliminados e coñecendo a derrota, (premeditada), por primeira vez na tempada. Posteriormente foran recibidos polo Concello de Muxía e agasallados cuns pintxos. 

Huchiño, (abaixo 1º esqu) e Ismael Caamaño, (abaixo 1º der).

 

Na actualidade : Antonio é delegado do Muxía CF, Dani Picallo e Fabián, adestradores de base do clube muxián, Victor Alcaina e Adrián Alcaina, xogadores do Muxía CF. Huchiño, Paulo e Santi “Maka” xogadores do SD Camelle. Esteban, xogador do UC Cee. Sebas, Brais, Ismael Caamaño e Jose, actualmente están retirados do fútbol. Un ano despois moitos destes rapaces acabaron sendo fichados polo CF Dumbría que acadou as suas máis altas cotas primeiro en cadetes e despois en xuvenís.

 

Podo ter algunha lagoa, cando poña fotos do recordo. De ser así lembrademe o que sexa no correo ou whatsapp da web.

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamso con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.