A RFGF ven de pubricar como será o formato da Preferente Norte que se pretende comezar o vindeiro 31 de Xaneiro a pesares de que p fútbol est a aprovocar máis contaxios ca hostelería que da de vivir direta e indiretamente a millóns de persoas. A experienza de numerosos encontros aprazados por positivos en COVID-19 parece non importar, e ademáis que moitos deses casos provocaron e provocan moitos outros.
Aquí tedes toda a información da Real Federación Galega de Fútbol de como será esta tempada a Preferente Norte.
Formato de competición para os 3 subgrupos da Preferente Norte
A Preferente Norte estará formada por tres subgrupos, xogarase en dúas fases e haberá dous ascensos a Terceira e só un descenso directo a Primeira Galicia.
A Real Federación Galega de Fútbol presentou este xoves aos clubs da Preferente Norte o plan competicional definitivo para a tempada 20-21, a cal dará comezo o 31 deste mes de xaneiro.
Os 23 equipos participantes divídense en tres subgrupos, tal e como estaba previsto. Desta maneira redúcese a mobilidade, tal e como se pide desde a Xunta de Galicia, porque o criterio para a composición dos subgrupos é o xeográfico, e de paso rebáixanse considerablemente os gastos dos clubs.
A competición divídese tamén en dúas fases. Na primeira os equipos xogan unha liga a doble volta todos contra todos dentro de cada subgrupo. Os 5 últimos clasificados de cada un pasarán a loitar pola permanencia na segunda fase. E os demais (tres primeiros dos subgrupos 1A e 1B e os dous primeros do subgrupo 1C) clasificaranse para loitar polo ascenso na segunda fase.
Segunda Fase. 2 ascensos e 1 só descenso directo
Na segunda fase os 8 equipos que se clasifican para xogar polo ascenso divídense en 2 grupos de 4 equipos cada un. Tal e como xa estaba previsto, os equipos arrastran unha puntuación fixa (4, 3, 2 e 1 puntos) en función da clasificación da primeira fase e en función da posición do grupo que van a ocupar na segunda fase. É decir, o peor dos tres primeiros non arrastra a mesma puntuación que os outros dous primeiros porque no seu grupo da segunda fase estará ubicado no segundo posto.
Xogarán unha liga a dobre volta de todos contra todos e o campión de cada grupo ascende a Terceira División, xa que son 2 os ascensos estipulados para cada Preferente Norte, os mesmos que para Preferente Sur.
En canto aos descensos, dado que non haberá ascensos da Primeira Galicia (está pendente que a Comisión Delegada ratifique a suspensión da categoría), só se establece un descenso directo na Preferente Norte, ao cal haberá que engadirlle os descensos por arrastre en función dos equipos da Terceira que descendan ao Grupo Norte de Preferente.
Os 15 equipos que xogarán pola permanencia divídense en tres subgrupos, xogando a dobre volta todos contra todos e arrastrando tamén unha puntuación fixa en función da clasificación obtida na primeira fase (6, 4, 3, 2 e 1 puntos). O descenso directo decidirase por criterio de deportividade (fair play) entre os tres últimos clasificados de cada subgrupo da permanencia.
-Fotos e Texto : futgal.es