A RFEF informou na xuntanza deste martes ás 12:00 horas na Cidade Deportiva das Rozas, cos 40 clubes que participarán na nova 1ª RFEF, que a empresa adxudicataria foi a UTE formada por Fuchs Sports e Fuch & Associés Finance, (socia de Footters, que xa retrasmiteu o ano pasado a 2ª B. O acordo é por un período de tres anos, durante os cales a competición recibirá 9.490.000 euros anuais.
Os clubs de Primeira RFEF, reunidos na Cidade do Fútbol de Las Rozas, aprobaron o sistema de distribución das cantidades recibidas tras a venda centralizada dos dereitos audiovisuais para as tres próximas tempadas. Un sistema o cal o RC Deportivo perxudícalle polo potencia da sua masa social.
O Secretario Xeral da RFEF, Andreu Camps, informou das ofertas recibidas e de que a empresa adxudicataria elixida polo órgano de dereitos audiovisuais foi Fuchs Sports e Fuch & Associés Finance. Tras o acordo asinado por tres tempadas, a Real Federación Española de Fútbol recibirá para repartir entre os clubs 9.490.000 euros anuais.
Como se repartirá
O sistema de distribución dos ingresos que votaron e aprobaron os representantes dos 38 clubs asistentes ten a súa base na solidariedade (40%), puntos obtidos durante a tempada (30%), resultados de audiencia (20%) e incentivos de canteira (10%).
Ademais, a RFEF explicou que se achegará aos orzamentos dos clubs participantes por parte da Federación axudas directas e por activos de patrocinio.
Horarios dos encontros
O Presidente da RFEF, Luís Rubiales, explicou que os horarios da competición fixaraos a Real Federación Española de Fútbol e anunciaranse con tres semanas de antelación a partir deste próximo venres.
As queixas da pasada tempada dos afeccionados
O parecer esta tempada mellorarase en grande medida as carencias en calidade da pasada tempada, na que esta cadea ofertou aos socios deportivistas os encontros de forra do RC Deportivo, non así os da casa que eran cousa da TVG2. A calidade foi tan mala en algúns encontros, que parecía grabado cun teléfono mobil, esa foi a principal queixa da afección. O parecer este ano redobraranse as cámaras por encontro, e moito máis en dous dos encontros escollidos coma especiais de cada xornada. É de supoñer que será un encontro especial de cada grupo.
-Foto : Footters
-Texto : piratasdemuxia/RFEF
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR