Fondo pesar en Coristanco e no fútbol da costa trala nova que recibimos a primeiras horas da mañán do pasamento de Manuel Vecino Serra, máis coñecido coma “Manolo de López” ou “Manolo Manquiño”, aos 83 anos de idade.
Persoa querida en todo o fútbol da costa e en especial en Coristanco e no seu clube do que foi presidente 19 anos sumados en duas etapas, antre as que nunca deixou de selo na oscuridade ainda que lle cedese o mando a outros él estivo 46 anos nas directivas tras fundar o clube no 1979, e nos derradeiros anos estar como Presidente Honorífico. Superou un cancro e voltou e aí estivo sempre axudando no que fixera falla.
Manolo entregouse sempre en corpo e ialma ao seu SD Coristanco e foi pouco a pouco cumprindo soños, so lle quedou o de facer unha cantina elevada e acristalada en alto como ten “As Eiroas” de Carballo, para que a xente puidese ver abrigada os encontros no inverno, tal e como mme ten dito moitas veces, polo demáis como me dicía, “eu con educación como me enseñaron meus pais vou a tódolos lados e pido se dan mellor e se non dan…volvo, e así ata conseguilo. As veces consíguese e as veces non”. Pero si que conseguío moito para o Coristanco e aí queda o seu legado cun clube que conta con tódalas categorías posibles e só lle falta a feminina, que él tamén quería facer para que as rapazas non tiveran que ir para outros pobos.
Deixanos unha persoa entrañable, extrovertida e amiga a que non lle faltaban as suas tertulias no “Trincado” e no “Arume”…”venlle tomar un chanqueiro Pirata!!!…ainda me acordo aquel día en Muxía na cantina do campo cantos chupitos tomamos aquel día co frío que había!!!”, sempre me decía en lembranza dun día deses de noroeste, (NO), con chubascos de auga e de pedrascos cos rapaces sufrindo o indecibles.
No 2029, O daquela presidente da RFGF, Rafael Louzán, tivo a ben recoñecer o traballo de toda unha vida a Manolo de López : “Pola sua dedicación ao longo dos anos en prol do fútbol galego e a sua traxectoria na SD Coristanco”. Un premio que se lle entregou na “Gala do Fútbol Galego”, un 21 de Xuño no Salón de Convencións da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Premio que lle fixo moita ilusión e que merecía con creces.
Tamén no 2023 o Concello de Coristanco tivo o bo detalle de nomear o campo da “Rocheira” como o “Manuel Vecino Serra”, día que foi moi especial para él e para toda a sua familia e que quedará aí na lembranza por un home que fixo moito e que é moi querido en todo o fútbol da costa pois por tódolos campos que pasou deixou unha pisada de humildade e de persoa querente…D.E.P.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”