Fani Martínez o día da sua presentación como adestradora.
Moito nos extrañaba no día de hoxe que tantos centos de persoas, (máis de un milleiro), abrisen a entrevista que lle fixemos fai uns meses a Estefanía Martínez Figueroa “Fani Martínez”, ata que nos chegou a fatídica nova do seu pasamento, (D.E.P.).
Fani que foi durante moitos anos porteira do Academia Red Blue 5 Coruña FSF, collera as rendas do equipo herculino como adestradora, chea de ilusión na volta a 2ª División Nacional, e daquel entonces facíamos lle a entrevista do seu novo paso no equipo dos seus amores, (PREME AQUÍ para vela), agora todo esto truncouse, unha vida roubada, con moito por diante, pero así de cruda é a realidade, que causa un fondo pesar no clube coruñés, no futsal, e en nós mesmos.
Así lembraban a sua compañeira nas redes dende o 5 Coruña FSF : Tu liderazgo se hereda…tu pasión se nos contagia…tu amistad nos llena el alma y tú corazón ya es el nuestro…Así, en presente y siempre va a ser así. No te vas Fani. Este es tu barco y tu la capitana. Tu #FamiliaRojilla siempre te tendrá presente #SiemprePorTiFani D.E.P
O noso maior pésame a familiares e amigos, e tódolos ánimos do mundo a tódalas suas compañeiras/os no 5 Coruña FS…D.E.P.
-Foto : 5 Coruña FS
-Texto : piratasdemuxia