O Depor visita o Ferrol o sábado 4 de Nadal.
A RFEF fixo públicos pasada noite os horarios da 13ª, 14ª, 15ª e 16ª xornadas da Primera RFEF Footters que se disputarán entre mediados de novembro e de decembro.
Na 13ª xornada, o Dépor visitará ao CF Rayo Majadahonda. O encontro terá lugar o domingo 21 de novembro ao mediodía, retransmitido por Footters desde o Cerro del Espino da localidade madrileña.
O Dépor volverá xogar en Riazor na 14ª, en xornada dominical vespertina (o 28 de novembro ás 17:00 h.) ante o Athletic Club B, tamén coas cámaras de Footters como testemuña.
O conxunto branquiazul visitará ao Racing de Ferrol na 15ª xornada, nun encontro que se disputará na Malata ás 19:00 h. do sábado 4 de Nadal.
Unha semana despois, o domingo 12 de Nadal ás 17:00 horas, o Dépor recibirá en Riazor ao Real Valladolid Promesas con motivo da 16ª xornada.
Antes de todo esto, na xornada 9, este vindeiro domingo 24 de outubro, 12:00 horas, (10:00 GMT), visita “El Sardinero”, cas cámaras deFootters en direto xogase o Real Racing Club-Depor. Para este encontro haberá nas gradas máis dun milleiro de deportivistas. Unha cifra ainda sen confirmar, xa que posiblemente o clube cántabro ceda máis entradas o deportivismo.
-Xornada 10: sábado 30 de outubro, 17:00 h. ABANCA-RIAZOR (Footters), Dépor-Zamora CF.
-Xornada 11: domingo 7 de novembro, 17:00 h. Las Gaunas (Footters), UD Logroñés-Dépor.
-Xornada 12: domingo 14 de novembro, 12:00 h. ABANCA-RIAZOR (Footters), Dépor- Extremadura UD.
-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo
-Foto : RC Deportivo