FITO HISTÓRICO : DUMBRÍA ACOLLERÁ POR PRIMEIRA VEZ UNHA COPA DE ESPAÑA DE SLALOM.

Martín Fernández, un dos padexeiros do CDM Piragüismo Dumbría, en acción.

 

O Campo de Slalom de O Couquiño recibirá por primeira vez unha competición da máxima
categoría da Liga Nacional de Slalom. A proba terá lugar entre os días 19 e 20 de xullo e
será selectiva para o Equipo Nacional que acudirá ós Campionatos do Mundo de Slalom e
os Campionatos de Europa Junior e Sub23.

Dumbría tamén acollerá a primeira proba da Copa de España de Promesas do Slalom entre
os días 17 e 19 de maio.

O Campo de Slalom de O Couquiño e Dumbría siguen medrando a nivel nacional. Se por un lado
xa era unha das sedes habituais da Copa de España de Promesas de Slalom, a principal
competición a nivel nacional da categoría infantil e cadete e que regresa este ano as augas do río
Xallas, este ano a Real Federación Española de Piragüismo lle concedeu a Dumbría a celebración
da cuarta proba da Copa de España de Slalom, a máxima categoría da competición nacional, e
que será selectiva para o Equipo Nacional que nos representará nos Campionatos do Mundo de
Slalom que terán lugar en La Seu, e para os Campionatos de Europa Junior e Sub23 que se
disputarán en Carcovia.

A proba Dumbriesa será a cuarta do calendario, despois das que acollerán as vilas de Mondaríz,
La Seu e Pau, en Francia. Ademáis da presencia das e dos principais protagonistas da modalidad
en España, tamén se espera a presencia do Equipo Nacional Portugués, habitual nestas
competicións e que tamén as utiliza para definir o equipo que os representa nivel internacional.
A estas importantes competicións, se suman as habituais de nivel autonómico, entre as que
destacan o Campionato Galego de Slalom e a Copa de Galega de Promoción.

A concesión destas competicións son a proba de que o Campo de Slalom de O Couquiño, en
Dumbría, ten unha condicións espectaculares para esta modalidade olímpica, e de que o nivel
organizativo está á altura da confianza tanto da Federación Española coma da Federación Galega
da modalidade. Dende o Concello e o Club insisten en que este Campo de Slalom sería unha
oportunidade económica para a comarca e para o deporte galego, cuxos deportistas se ven na
obriga de ter que deplazarse para entrenar esta modalidade.

-Foto e Texto : Quique Portela/Prensa CDM Piragüismo Dumbría